Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas EACEA 15/2017_ Apoio a proxectos de tradución literaria

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Os principais obxectivos do apoio aos proxectos de tradución literaria son:
- apoiar a diversidade cultural e lingüística da UE e doutros países que participen no subprograma Cultura;
- consolidar a circulación transnacional e a diversidade de obras literarias de gran calidade a longo prazo;
- mellorar o acceso a estas obras literarias na UE e fóra dela;
- conseguir novos públicos para obras literarias traducidas de calidade.

Obxectivo específico da convocatoria

- apoiar a promoción da literatura traducida europea;
- fomentar as traducións de linguas con menores falantes2 ao inglés, alemán, francés e español, xa que estas traducións poden contribuír a unha maior circulación das obras;
- fomentar a tradución de xéneros menos representados, como as obras para un público novo (nenos, adolescentes e mozos), cómics/novelas gráficas, relatos curtos ou poesía;
- fomentar a utilización adecuada das tecnoloxías dixitais, tanto na distribución como na promoción das obras;
- fomentar a tradución e a promoción de libros que obtivesen o Premio de Literatura da Unión Europea (véxase http://www.euprizeliterature.eu);
- mellorar a imaxe dos tradutores. Por este motivo, pedirase aos editores que inclúan unha biografía dos tradutores en cada libro traducido.

Eidos de actuación

Considéranse actividades subvencionables a tradución, edición, distribución e promoción dun paquete de obras de ficción subvencionables cun alto valor literario, independentemente do seu xénero: novelas, relatos breves, obras de teatro, poemas, cómics ou ficción infantil.
As actividades poderán incluír eventos especiais e actividades de comercialización ou distribución organizados para promover as obras traducidas dentro e fóra da UE, incluídas as ferramentas de promoción dixitais e a promoción de autores en feiras de libros e festivais literarios.
Como complemento á tradución, edición, distribución e promoción dun paquete de obras admisibles, os proxectos poden incluír tamén a tradución parcial (tradución de extractos) e a promoción de obras de ficción dos catálogos do solicitante (non incluídos no paquete) co fin de promover a venda de dereitos tanto dentro como fóra de Europa

Destinatarios

Os candidatos admisibles deberán ser editores ou editoriais establecidos nun dos países que participen no subprograma Cultura, que operen no sector editorial e que poidan acreditar unha personalidade xurídica de como mínimo dous anos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

Socios

Non é necesaria a participación de socios.

Financiamento

A achega económica da Unión Europea por solicitude non poderá exceder de 100 000 EUR ou o 50 % dos custos subvencionables totais, se este importe é inferior.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para a convocatoria estímase en 2 millóns EUR.

Duración do proxecto

Duración máxima de dous anos

Data de publicación

03/07/2017

Data límite de solicitude

25/07/2017

Documentación

Contacto

Para toda información adicional, sírvase poñerse en contacto coas oficinas nacionais de Europa Creativa.
https://ec.europa.eu/programmes/creative-europe/contact_é

Contacto dentro da Axencia:
EACEA-CREATIVE-EUROPE-Translations@ec.europa.eu

Comentarios

A hora límite da presentación da convocatoria será as 12:00 hora de Bruxelas

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante