Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio aos axentes de vendas internacionais de películas cinematográficas europeas

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

A finalidade desta convocatoria será a distribución de películas en salas a través do márketing transnacional, a estratexia de marca, a distribución e a exhibición de obras audiovisuais.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria nace co obxectivo de fomentar a creación de sistemas de apoio á distribución de películas europeas non nacionais en salas e demais plataformas, e de apoio á súa comercialización internacional, concretamente mediante subtitulación, dobraxe e audiodescripción.

Eidos de actuación

1. A xeración dun fondo potencial, calculado segundo as vendas internacionais da empresa no mercado europeo no período de referencia
2. A reinversión do fondo potencial así xerado por cada empresa:
Módulo 1: garantías mínimas ou anticipos abonados polos dereitos de vendas internacionais de novas películas europeas non nacionais;
Módulo 2: promoción, comercialización e publicidade no mercado das novas películas europeas non nacionais presentadas.

Destinatarios

Os solicitantes serán empresas europeas intermediarias dos produtores, especializadas na explotación comercial de películas mediante concesión de licenzas de comercialización aos distribuidores ou outros compradores no estranxeiro e que contribúen ao devandito obxectivo

Socios

Non é necesaria a participación de socios.

Financiamento

A participación financeira da Unión non excederá 60 % do total de custos admisibles, segundo o tipo de reinversión

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible é de 2 600 000 EUR

Duración do proxecto

Para máis información, contacte co solicitante

Data de publicación

07/06/2017

Data límite de solicitude

16/06/2017

Documentación

Contacto


Para máis información, contacte con:
EACEA-DISTRIBUTION-Salesagents@ec.europa.eu

Comentarios

A hora límite para a presentación da proposta son as 12:00 hora de Bruxelas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante