Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subprograma MEDIA 2017: Fondos de apoio á coprodución internacional - EACEA 24/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo específico da convocatoria

Unha das prioridades do subprograma Media é o incremento da capacidades dos operadores audiovisuais para desenvolver os traballos audiovisuais europeos co potencial de ser difundidos pola Unión e fóra dela, así como facilitar as coproducións europeas e internacionais, incluíndo ás emisoras de televisión.

O subprograma Media apoiará as actividades que axuden aos socios europeos e internacionais de coprodución a reunir e/ou prover apoio indirecto para as coproducións audiovisuais, apoiando os fondos internacionais de coprodución procedentes do país que participe no programa.

Eidos de actuación

As actividades de coprodución que poden ser obxecto de financiamento noméanse a continuación:

  1. Produción de longametraxes, animacións e documentais cunha duración mínima de 60 minutos, cuxa estrea sexa en cinemas.
  2. Implementación dunha concreta estratexia de distribución que aborde a mellor difusión dos traballos apoiados. A película debería ser distribuída en polo menos 3 territorios fóra dalgún dos que participa no subprograma Media e polo menos nun terceiro país.
  3. Valorarase positivamente na avaliación dos proxectos que as coproducións teñan relevancia e valor engadido europeo; a calidade do contido; as actividades e a diseminación dos resultados do proxecto; o seu impacto e a sustentabilidade; e a distribución de responsabilidades no equipo executor.





Destinatarios

Os solicitantes deben contar cun fondo de coprodución que fose legalmente constituído e estea activo durante 12 meses mínimo antes do prazo de finalización de entrega de solicitudes. A principal actividade debe ser o apoio ás coproducións internacionais. Nesta convocatoria poderán participar entidades legais:

  • establecidas en calquera dos Estados membros da UE e nos cadanseus territorios de ultramar que participen no programa Europa Creativa;
  • procedentes de Estados candidatos ou potenciais candidatos ao acceso da UE, de acordo coas condicións establecidas no Marco de asociación;
  • procedentes de Estados membros da Área Económica Europea (EEA), baixo os termos previstos no seu acordo;
  • procedentes da Confederación Suíza, en base ao acordo bilateral;
  • procedentes de países que forman parte da Política Europea de Vecindade (ENP) de acordo cos procedementos establecidos nese marco.

Asemade, o programa tamén está aberto á participación de proxectos con accións cooperativas con organizacións procedentes doutros países ou rexións cuxa concorrencia no programa non estea prevista inicialmente.









Financiamento

A contribución financeira da Unión non excederá o 80% dos custos elixibles. A contribución máxima para cada proxecto é de 400.000€.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento dispoñible total é de 1.5M €.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 28 meses, tendo comezo o 01/09/2017 e remate o 31/12/2019.

Data de publicación

06/02/2017

Data límite de solicitude

28/02/2017

Documentación

Comentarios

O prazo para presentar as solicitudes por vía telemática remata ás 12h (horario de Bruxelas). Só se poderán presentar as solicitudes en liña.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante