Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subprograma Cultura: Apoio ás redes europeas - EACEA 39/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Potenciar o sector cultural europeo.

Obxectivo específico da convocatoria

Este programa ofrece subvencións para actividades destinadas a apoiar as redes europeas activas no ámbito dos sectores cultural e creativo. O obxectivo do apoio é ter un efecto estructurador nos axentes dos sectores cultural e creativo.

Eidos de actuación

As actividades subvencionables procurarán levar a cabo as prioridades incluídas nos obxectivos e as prioridades da convocatoria. Ademais, deben estar relacionadas cos sectores cultural e creativo, como se define no artigo 2 do Regulamento n.º 1295/2013. As actividades dedicadas exclusivamente aos sectores audiovisuais non son admisibles.

Destinatarios

Para ser admitidos, os solicitantes deberán cumprir as condicións seguintes:
- estar activos nos sectores cultural e creativo;
- estar xuridicamente establecidos nun dos países participantes no subprograma Cultura;
- poder demostrar a súa condición de persoa xurídica durante polo menos dous anos na data límite de presentación de solicitudes.

Socios

Polo menos 15 organizacións membros (persoas xurídicas). Os membros deben estar xuridicamente establecidos en polo menos 10 países dos que participan no programa, dos cales polo menos cinco deben ter a súa sede social en cinco Estados membros da Unión Europea ou nun país da AELC.

Financiamento

A axuda financeira da Unión Europea (en diante, «a UE») non poderá exceder o 80 % do total dos custos admisibles. O resto do importe debe pagalo o solicitante. Cada subvención anual ascenderá a un máximo de 250.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

6.200.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima (período de subvencionabilidade) dun proxecto é de catro períodos de 12 meses como máximo. As actividades do primeiro ano do acordo marco de asociación deberán comezar entre xuño e decembro de 2017. Con todo, os proxectos xa emprendidos só poden recibir unha subvención se o solicitante demostra a necesidade de iniciar o proxecto antes da firma do acordo. En calquera caso, o proxecto non poderá comezar antes de marzo de 2017.

Data de publicación

18/10/2016

Data límite de solicitude

25/11/2016

Documentación

Contacto

Se está a buscar información adicional sobre esta convocatoria de propostas ou se ten preguntas específicas sobre o proceso de solicitude, pode enviar un correo electrónico á seguinte dirección de correo:
A información detallada necesaria para establecer un proxecto e presentar unha solicitude pode atoparse no seguinte sitio web:
http://eacea.ec.europa.eu/creative-europe/funding_en Dirección
de contacto por correo electrónico: EACEA-CREATIVE-Europenetworks@ec.europa.eu
Máis información sobre o Programa Europa Creativa en: https://ec.europa.eu/programmes/creative-europe/

Comentarios

O formulario de solicitude e os seus anexos presentaranse por vía electrónica remitindo o formulario electrónico correcto debidamente cumprimentado e acompañado de todos os anexos pertinentes e da documentación de apoio. Os formularios de solicitude están dispoñibles na internet, na dirección seguinte: https://eacea.ec.europa.eu/PPMT/
A data límite para a presentación de proxectos é o25 de novembro de 2016 ás 12.00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante