Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subprograma MEDIA: Subvencións a festivais de cinema - EACEA/16/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Apoiar a capacidade dos sectores cultural e creativo europeos de operar de maneira transnacional e internacional.

Obxectivo específico da convocatoria

Chegar a un público máis amplo para estimular o interese polas obras audiovisuais e mellorar o acceso ás mesmas, en particular mediante promoción, eventos, coñecementos cinematográficos e festivais.

Eidos de actuación

O subprograma MEDIA subvencionará as seguintes medidas:
- Iniciativas que presenten e promovan diversas obras audiovisuais europeas;
- Actividades para promover os coñecementos cinematográficos e aumentar o interese do público polas obras audiovisuais europeas.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades europeas (empresas privadas, organizacións sen ánimo de lucro, asociacións, fundacións, asociacións sen ánimo de lucro, municipios/concellos, etc.), establecidas nun dos países participantes no subprograma MEDIA e que sexan propiedade, directamente ou por participación maioritaria, de cidadáns destes países.

Socios

O Programa tamén estará aberto a accións de cooperación bilateral ou multilateral destinadas aos países ou rexións seleccionados, baseándose nos créditos adicionais pagos e nos acordos específicos adoptados con eses países ou rexións.

Financiamento

A contribución financeira da UE consistirá nunha cantidade fixa, en función do número de películas europeas programadas, de entre 19.000 euros e 75.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado para a cofinanciación dos proxectos estímase en 2,9 millóns de euros.

Duración do proxecto

O período da acción comezará oito meses antes da data de inicio das actividades e finalizará catro meses despois da mesma. A duración máxima das accións será de 12 meses.

Data de publicación

29/09/2016

Data límite de solicitude

27/04/2017

Documentación

Contacto

Para calquera cuestión sobre esta convocatoria deberá poñerse en contacto vía email a través da seguinte dirección
EACEA-MEDIA-FESTIVALS@EC.EUROPA.EU

Comentarios

Os prazos de presentación de propostas son: - o 24 de novembro de 2016 ás 12.00 do mediodía (hora de Bruxelas) para as actividades que vaian comezar entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2017; - o 27 de abril de 2017 ás 12.00 do mediodía (hora de Bruxelas) para as actividades que vaian comezar entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de abril de 2018. As propostas presentaranse mediante o formulario en liña (eForm). Non se aceptará ningún outro método de presentación de solicitudes. Os solicitantes presentarán todos os documentos esixidos, mencionados no formulario electrónico.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante