Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subprograma MEDIA: Apoio ao desenvolvemento de contidos de proxectos individuais - EACEA/20/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Apoiar a capacidade dos sectores cultural e creativo europeos de operar de maneira transnacional e internacional.

Obxectivo específico da convocatoria

Incrementar a capacidade dos operadores audiovisuais de realizar obras audiovisuais con potencial de circulación na Unión e fóra dela, así como coproducións europeas e internacionais, mesmo con cadeas de televisión.

Eidos de actuación

O subprograma MEDIA apoiará:
- O desenvolvemento de obras audiovisuais europeas, en particular películas e obras televisivas, tales como obras de ficción, documentais e películas infantís e de animación, así como obras interactivas, como os videoxogos e os multimedia, con maior potencial de circulación transfronteiriza;
- Actividades encamiñadas a apoiar ás empresas de produción audiovisual europeas, particularmente as produtoras independentes, con vistas a facilitar as coproducións europeas e internacionais de obras audiovisuais, incluídas as obras para a televisión.

Destinatarios

Empresas europeas cuxas actividades contribúen á consecución dos obxectivos definidos anteriormente, en particular a produtoras independentes constituídas legalmente polo menos 12 meses antes da data de presentación e cun éxito recente demostrable.

Socios

O Programa está igualmente aberto ás accións de cooperación bilateral ou multilateral dirixidas a determinados países ou rexións sobre a base dos créditos suplementarios pagos polos devanditos países ou rexións e dos acordos específicos que se establezan cos devanditos países ou rexións.

Financiamento

A contribución financeira máxima que se concederá a un proxecto individual será unha suma a tanto alzado de:
- 60.000 euros para as obras de animación
- 25.000 euros para os documentais creativos
- 50.000 euros para a obras de ficción se o orzamento de produción estimado é igual ou superior a 1.500.000 euros.
- 30.000 euros para a obras de ficción se o orzamento de produción estimado é inferior a 1.500.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible é de 5.391.319 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 30 meses desde a data de presentación da solicitude.

Data de publicación

23/09/2016

Data límite de solicitude

20/04/2017

Documentación

Contacto

Xunta de Galicia. Área de asuntos culturais europeos.
Mar Nogueira Sánchez
881 995 021
secretaria.xeral.cultura@xunta.gal

Comentarios

A convocatoria de propostas ten dous prazos límite de presentación. No primeiro prazo incluiranse as solicitudes de apoio que deben presentarse e recibirse entre a data de publicación da convocatoria de propostas e o 17 de novembro de 2016, ás 12.00 horas. No segundo prazo incluiranse as solicitudes de apoio que se presenten e reciban entre o 1 de decembro de 2016 e o 20 de abril de 2017, ás 12.00 horas, a data de peche da convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante