Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subprograma Cultura: Apoio a proxectos de cooperación europea - EACEA/45/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

O subprograma Cultura ten o obxectivo de apoiar proxectos principalmente relacionados con:
A. mobilidade transnacional
B. desenvolvemento de audiencias
C.1. creación de capacidades - dixitalización
C.2. creación de capacidades - novos modelos empresariais
C.3. creación de capacidades - educación e formación.
Os proxectos que reciban axuda deberán incluír, polo tanto, unha estratexia fundamentada e unha descrición detallada de como prevén aplicar unha ou máis das citadas prioridades do programa.

Eidos de actuación

En función da importancia, as necesidades, a natureza, os obxectivos e as prioridades do proxecto, os candidatos deberán escoller entre presentar o proxecto na:
Categoría 1. Proxectos de cooperación a menor escala.
Categoría 2. Proxectos de cooperación a maior escala.

Destinatarios

Poderán presentar a súa candidatura os operadores culturais e creativos europeas que operen nos sectores cultural e creativo, a teor da definición que figura no artigo 2 do Regulamento, e que estean legalmente establecidos nun dos países que participan no subprograma Cultura.
Poderán presentar a súa candidatura os operadores culturais que poidan demostrar que levan polo menos dous anos con personalidade xurídica na data en que finalice o prazo de presentación das solicitudes. As persoas físicas non poden optar a unha subvención.

Socios

Os proxectos de cooperación a menor escala contarán cun xefe de proxecto e, polo menos, con outros dous socios, que terán sede, como mínimo, en tres países diferentes que participen no programa Europa Creativa, subprograma Cultura.
Os proxectos de cooperación a maior escala contarán cun xefe de proxecto e, polo menos, con outros cinco socios, que terán sede, como mínimo, en seis países diferentes que participen no programa Europa Creativa, subprograma Cultura.

Financiamento

Os proxectos da Categoría 1 serán obxecto dunha solicitude dun máximo de 200.000 euros, importe que non representará máis do 60% do presuposto subvencionable.
Os proxectos da Categoría 2 serán obxecto dunha solicitude dun máximo de 2.000.000 euros, importe que non representará máis do 50% do presuposto subvencionable.

Orzamento total da convocatoria

35.500.00 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 48 meses.

Data de publicación

27/09/2016

Data límite de solicitude

25/11/2016

Documentación

Contacto

Para máis información, por favor, póñase en contacto con:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais e do Libro
Augusto Paramio / Tamar Lavado
Europa Creativa Desk - Oficina Cultura España
Praza do Rey 1,
28004 Madrid - Spain
(34) 91 701 71 15
europacreativa.cultura@mecd.es
http://www.europacreativa.es/
Por problemas técnicos, póñase en contacto co servizo de asistencia por email eacea-helpdesk@ec.europa.eu

Comentarios

A data límite para a presentación de proxectos de cooperación europea é o 23 de novembro de 2016, antes das 12.00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante