Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio ás redes de salas cinematográficas - EACEA/10/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Dentro do obxectivo específico de promover a circulación transnacional, unha das prioridades do subprograma MEDIA é a de operar a escala transnacional e internacional e promover a circulación e a mobilidade transnacionais.

Obxectivo específico da convocatoria

O subprograma MEDIA apoiará a creación e a explotación dunha rede de salas cinematográficas

Eidos de actuación

− Creación de redes: información, animación e comunicación;
− Apoio financeiro ás salas cinematográficas participantes que realicen as actividades subvencionables que se indican a continuación:
− Accións de promoción e proxección de películas europeas.
− Actividades educativas para sensibilizar a mozos cinéfilos.
− Actividades de promoción e comercialización en cooperación con outras plataformas de distribución (de televisión, plataformas de vídeo á carta, etc.).

Destinatarios

Redes e salas cinematográficas que sexan, e haberán de seguir séndoo, propiedade, directamente ou por participación maioritaria, de nacionais de países que participen no subprograma MEDIA e tamén deben estar rexistradas nalgún destes países.

Socios

A rede contará como mínimo con cen cinemas situados en polo menos vinte países participantes no subprograma MEDIA.

Financiamento

A subvención da UE estará limitada a unha porcentaxe máxima de cofinanciación do 50% dos custos totais subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

10,4 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración da acción e do período de subvencionabilidade dos custos é de doce meses, do 1 de xaneiro ao 31 de decembro.

Data de publicación

11/04/2016

Data límite de solicitude

08/06/2016

Documentación

Contacto

EACEA-DISTRIBUTION-AUTOMATIC@EC.EUROPA.EU


Comentarios

As solicitudes deberán cumprir todas e cada unha das condicións da convocatoria, e presentarse unicamente mediante os formularios facilitados para o efecto. O expediente da solicitude que contén todos os formularios e anexos deberá enviarse por correo á Axencia ata a data límite indicada, á seguinte dirección:
Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Creative Europe Programme (2014–2020)
MEDIA Sub-programme – CINEMA NETWORK SCHEME
Avenue du Bourget 1 BOUR 03/66 BE – 1049 Brussels Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante