Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á integración dos refuxiados - EACEA 12/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Apoiar proxectos culturais, audiovisuais e intersectoriais dirixidos a facilitar a integración dos refuxiados na Unión Europea, fortalecendo o entendemento cultural mutuo e promovendo o diálogo intercultural e relixioso, a tolerancia e o respecto a outras culturas.

Obxectivo específico da convocatoria

- Axudar aos refuxiados a socializar e expresarse sen a necesidade de falar inmediatamente a lingua do país de acollida.
- Promover o respecto e o entendemento da diversidade, as competencias interculturais e cívicas, os valores democráticos e a cidadanía.
- Proporcionar aos cidadáns europeos a oportunidade de descubrir, aprender desde a comprensión dos valores e culturas dos refuxiados.
- Apoiar a mostra e co-creación de traballos culturais e/ou audiovisuais en Europa.
- Ofrecer a posibilidade de colaboración con organizacións noutros sectores para estimular un resposta global máis comprensiva, rápida e efectiva para este desafío.

Eidos de actuación

Contribuír a axudar aos refuxiados para integrarse na UE e proporcionar oportunidades para os cidadáns da UE para coñecer e entender á poboación migrante a través de medios culturais e creativos, incluíndo o cinema e demais medios audiovisuais.

Destinatarios

Entidades legais con experiencia relevante para a consecución dos obxectivos do proxecto, é dicir, activa nos sectores culturais e creativos, establecidas nalgún dos 28 Estados Membros, en Islandia, Noruega, Turquía, Albania, Serbia, Montenegro, a Antiga República Iugoslava de Macedonia, Bosnia e Herzegovina, Xeorxia, Moldavia ou Ucraína.

Socios

Os solicitantes deben formar un consorcio de, polo menos, tres socios pertencentes, polo menos, a dous países diferentes.

Financiamento

As subvencións por proxecto serán de entre 100.000 e 200.000 euros e a porcentaxe máxima de cofinanciación será do 80% do total de custos elixibles. Espérase financiar entre 8 e 12 proxectos.

Orzamento total da convocatoria

1.600.000 euros

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 24 meses.

Data de publicación

09/03/2016

Data límite de solicitude

28/04/2016

Documentación

Contacto

EACEA-REFUGEE-INTEGRATION-Projects@ec.europa.eu

Comentarios

O prazo para presentar solicitudes pechará o 28 de abril de 2016 ás 12:00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante