Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Sub-programa Cultura: Proxectos de tradución literaria - EACEA 13/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

- Promover a mobilidade transnacional dos artistas e profesionais con vistas a que cooperen internacionalmente e internacionalicen as súas carreiras e actividades na Unión Europea e máis aló das súas fronteiras, sobre a base de estratexias a longo prazo cando sexa posible, co obxectivo de promover intercambios culturais, o diálogo intercultural, a comprensión da diversidade cultural e a inclusión social;
- Fortalecer o desenvolvemento de audiencias como medio para estimular o interese e mellorar o acceso á cultura europea e aos traballos creativos e ao patrimonio cultural tanxible e intanxible.
- Fomentar a creatividade, os enfoques innovadores creadores e novos métodos de asegurar efecto contaxio cara a outros sectores. Desenvolver e probar novos modelos innovadores de ingresos e de xestión e márketing dos sectores culturais, en particular no que se refire ao cambio dixital.

Obxectivo específico da convocatoria

- Apoiar á circulación da literatura europea co fin de conseguir a maior accesibilidade posible;
- Apoiar á promoción da literatura europea, incluíndo o uso apropiado das tecnoloxías dixitais, tanto na distribución como na promoción das obras;
- Fomentar a tradución e a promoción da literatura europea de alta calidade a longo prazo;
- Fomentar a tradución das linguas minoritarias en Inglés, alemán, francés e español (castelán), xa que este tipo de traducións poden contribuír a unha maior difusión das obras;
- Fomentar a tradución dos xéneros menos representadas como as obras para público novo (nenos, adolescentes e adultos novos), cómics / novelas gráficas, contos ou poesía;
- Fomentar a tradución e promoción de obras que gañaron o Premio Europeo de Literatura.

Eidos de actuación

As actividades elixibles son a tradución, publicación, distribución e promoción dun conxunto de obras cun alto valor literario, independentemente do seu xénero literario, tales como novelas, contos, obras de teatro, poesía, cómics e ficción para nenos;

As actividades poden incluír eventos especiais e márketing, distribucións organizadas para a promoción das obras traducidas na UE e fóra da UE, incluídas as ferramentas de promoción dixital e promoción de autores nas feiras de libros e festivais literarios.

Destinatarios

Editoriais e editores establecidos nalgún dos países participantes no Sub-programa Cultura que sexan activos na industria editorial e que se constituíron legalmente polo menos 2 anos antes da data de peche da convocatoria.

Socios

Non consta.

Financiamento

A subvención solicitada non poderá exceder de 100.000 euros e non representar máis do 50% dos custos elixibles do orzamento do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

3.050.000 euros

Duración do proxecto

Máximo de 2 anos.

Data de publicación

07/03/2016

Data límite de solicitude

27/04/2016

Documentación

Contacto

Punto de contacto de Europa Creativa en Galicia

Mar Nogueira Sánchez
Técnica de Asuntos Culturais
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º piso
15781 Santiago de Compostela
Tel.: 881 99 50 21
Correo electrónico:mar.nogueira@xunta.es


Comentarios

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 27 de abril de 2016 ás 12.00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante