Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á distribución de películas europeas non nacionais: «Cinema automático» - EACEA/09/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

• Apoiar a capacidade dos sectores cultural e creativo europeos para operar de maneira transnacional e internacional.
• Promover a circulación transnacional das obras culturais e a mobilidade transnacional dos axentes culturais e creativos, en particular os artistas, así como chegar a audiencias novas e máis amplas, e mellorar o acceso ás obras culturais e creativas na Unión e fóra dela.
• Reforzar a capacidade financeira das pemes así como das organizacións pequenas e medianas dos sectores cultural e creativo de forma sustentable.
• Estimular a elaboración de políticas, a innovación, a creatividade, o desenvolvemento de audiencia e os novos modelos de negocio e de xestión, mediante apoio á cooperación política transnacional.

Obxectivo específico da convocatoria

Distribución de películas europeas non nacionais en salas e demais plataformas, e a comercialización internacional de obras audiovisuais, concretamente mediante a súa subtitulación, dobraxe e audiodescripción.

Eidos de actuación

O «Cinema automático» funciona en dúas fases:

1. A xeración dun fondo potencial, proporcional ao número de entradas a películas europeas non nacionais vendidas no período de referencia (2015) en países participantes no subprograma MEDIA, ata un tope determinado por película e axustado para cada país.

2. Reinversión. O fondo potencial así xerado por cada empresa ten que reinvestirse en:
-Módulo 1, coprodución de películas europeas non nacionais;
-Módulo 2, adquisición dos dereitos de distribución, por exemplo mediante garantías mínimas, de películas europeas non- nacionais;
-Módulo 3, custos de edición (copias, dobraxe e subtitulado), de promoción de películas europeas non- nacionais.

Destinatarios

Os solicitantes serán distribuidores cinematográficos europeos cuxa actividade comercial consista en facer chegar películas a un público amplo con fins de explotación comercial en sala, e que contribúan ao devandito obxectivo. Os solicitantes teñen que estar establecidos nun dos países que participan no subprograma MEDIA, e a entidade ha de ser propiedade, directamente ou por participación maioritaria, de cidadáns deses países.
O Programa tamén estará aberto a accións de cooperación bilateral ou multilateral destinadas aos países ou rexións seleccionados, baseándose nos créditos adicionais pagos e nos acordos específicos adoptados con eses países ou rexións. O Programa permitirá a cooperación e levar a cabo acciones conxuntas con outros países que non participan no Programa, así como con organismos internacionais activos nos sectores cultural e creativo, como a UNESCO, o Consello de Europa, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico ou a Organización Mundial da Propiedade Intelectual, mediante contribucións conxuntas destinadas á consecución dos obxectivos do Programa

Socios

Non son necesarios.

Financiamento

A participación financeira da Unión non excederá do 40%, 50% ou 60% do total de custos admisibles, segundo a nacionalidade da película e o territorio de distribución.

Orzamento total da convocatoria

20.200.000 euros

Duración do proxecto

A duración máxima da acción é de trinta meses para os módulos 1 e 2, e de corenta e dous meses para o módulo 3.

Data de publicación

12/02/2016

Data límite de solicitude

29/04/2016

Documentación

Contacto

Para dúbidas ou máis información conctacte con EACEA-DISTRIBUTION-AUTOMATIC@EC.EUROPA.EU

Comentarios

Os prazos para a presentación de solicitudes son os seguintes:
Xeración: 29/04/2016
Reinversión: dentro do prazo establecido para cada módulo e, como moi tarde, o 01/08/2017.
As propostas han de presentarse como moi tarde ás 12.00 do mediodía (hora de Bruxelas) do día correspondente mediante o formulario en liña (eForm). Non se aceptará ningún outro método de presentación de solicitudes. Os solicitantes presentarán todos os documentos esixidos, mencionados no formulario electrónico.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante