Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio á formación - EACEA/06/2016

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

• facilitar a adquisición e o perfeccionamento de capacidades e competencias dos profesionais do sector audiovisual así como o desenvolvemento de redes que inclúan o uso de tecnoloxías dixitais para garantir a adaptación á evolución do mercado, probar novos enfoques para o desenvolvemento de audiencias así como novos modelos empresariais;
• o desenvolvemento dunha ampla gama de accións de formación que promovan a adquisición e o perfeccionamento de capacidades e competencias por parte dos profesionais do sector audiovisual, as iniciativas de intercambio de coñecementos e de creación de redes, incluída a integración de tecnoloxías dixitais.


Obxectivo específico da convocatoria

Non consta.

Eidos de actuación

- formación en desenvolvemento de audiencias, márketing, novas formas de distribución e explotación, incluídas aquelas baseadas nas últimas tecnoloxías dixitais;
- formación en xestión financeira e comercial a fin de estimular o acceso ao financiamento e aos novos modelos empresariais;
- formación no desenvolvemento e produción de obras audiovisuais que inclúan as capacidades de intercambio de coñecementos e de creación de redes;
- formación para facer fronte aos retos do cambio dixital a fin de garantir a adaptación á evolución do mercado.


Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades europeas establecidas nun dos países participantes no subprograma MEDIA e que sexan propiedade, directamente ou por participación maioritaria, de cidadáns destes países.

Serán admisibeis as solicitudes de entidades xurídicas establecidas noutros países na medida en que se cumpran todas as condicións ás que se refire o artigo 8 do Regulamento polo que se establece o programa Europa Creativa e que a Comisión establecese negociacións co país.


Socios

Non consta.

Financiamento

A contribución financiera da Unión non poderá superar:
- o 60% dos costes subvencionabeis totais dunha acción realizada nos países participantes no subprograma MEDIA;
- o 80% dos costes subvencionabeis totais dunha acción realizada nos países non participantes no subprograma MEDIA.


Orzamento total da convocatoria

7,3 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración máxima das accións será de 12 meses. Concederase unha prórroga máxima de 6 meses adicionais se así se solicita antes do prazo especificado no contrato. A duración máxima será, en calquera caso, de 18 meses.

Data de publicación

04/02/2016

Data límite de solicitude

14/04/2016

Documentación

Contacto

Dirección Xeral de Educación e Cultura:
-Place Madou, 1, 1210 - Saint-Josse-Ten-Noode
-Rue Van Maerlant, 18, 1040 - Bruxelles


Comentarios

As propostas han de presentarse como moi tarde o 14 de abril de 2016 ás 12.00 do mediodía (hora de Bruxelas) mediante o formulario en liña (eForm).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante