Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA 06/2015: Apoio para o desenvolvemento de videoxogos europeos

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

• Incrementar a capacidade dos operadores audiovisuais de realizar obras con potencial de circulación na Unión y fóra desta.

• Desenvolvemento de obras audiovisuais europeas con maior potencial de circulación transfronteiriza.

Eidos de actuación

Son elixibles os proxectos en fase de desenvolvemento de videoxogos de carácter narrativo, independentemente da plataforma ou método de distribución previsto. En calquera caso, os videoxogos deberán estar destinados a súa comercialización.

Destinatarios

A presente convocatoria está dirixida a empresas de videoxogos europeas constituídas legalmente hai mínimo 12 meses e que teñan experiencia demostrable.

Serán elixibles as solicitudes de entidades xurídicas establecidas nun dos países seguintes:

• Estados membros da UE.
• Países adherentes, países candidatos e países candidatos potenciais que se acollan a unha estratexia de preadhesión.
• Países da AELC que sexan parte do EEE.
• Confederación Suíza.
• Países acollidos á Política Europea de Veciñanza.

Financiamento

A subvención será entre 10 000 EUR e 150 000 EUR. Dita subvención representará unha porcentaxe máxima do 50 % do total dos custes subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

2 500 000 EUR.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 30 meses dende a data de presentación da solicitude.

Data de publicación

23/01/2015

Data límite de solicitude

26/03/2015

Documentación

Comentarios

As solicitudes deben presentarse ante a Axencia Executiva (EACEA) mediante o formulario de solicitude en liña (eForm). Non se aceptará ningún outro método de presentación de solicitudes.

O texto completo das directrices, xunto cos formularios de solicitude, está dispoñible na seguinte dirección web:

https://eacea.ec.europa.eu/creative-europe/funding/development-video-games-2015_en

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante