Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Tradución literaria EACEA 46/2014

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Os principais obxectivos da presente convocatoria son apoiar a diversidade cultural y lingüística na UE e noutros países que participan no subprograma Cultura e promover a circulación transnacional de obras literarias de alta calidade, así como mellorar o acceso a estas obras literarias e chegar a novas audiencias.

As prioridades son as seguintes:

• Apoio á difusión da literatura europea co fin de garantir a maior accesibilidade posible.
• Apoio á promoción da literatura europea, incluíndo o uso apropiado das tecnoloxías dixitais tanto na distribución coma na súa promoción.
• Promover a tradución e a promoción da literatura europea de alta calidade a longo prazo.

Elevar o perfil de tradutores será unha prioridade adicional. Por esa razón, os editores deberán incluír unha biografía do tradutor en cada libro traducido.

Eidos de actuación

As actividades elixibles son:

• Tradución e publicación de obras de ficción cun alto valor literario, independentemente do seu xénero literario, tales como novelas, contos, obras de teatro, poesía, cómics e literatura infantil.
• Tradución de extractos de obras de ficción para os catálogos das editoriais e para axudar a fomentar la venta dos dereitos, xa sexa dentro ou fóra de Europa.
• Eventos especiais e marketing/distribución organizadas para a promoción das obras traducidas de ficción na UE e fóra da UE, incluídas as ferramentas de promoción dixitais e promoción de autores en feiras de libros y festivais.
O proxecto deberá cumprir cos seguintes requisitos relativos aos idiomas:
• O idioma orixinal e o idioma de destino deben ser ”linguas recoñecidas oficialmente” polos países que participan no Programa.
• Traducións do latín e grego antigo a idiomas oficiais tamén son elixibles.
• O idioma de destino debe ser a lingua materna do tradutor.
• As traducións deben ter unha dimensión transfronteiriza. Por iso a tradución da literatura nacional dun idioma oficial noutra lingua oficial dun mesmo país non é elixible.

Destinatarios

Operadores culturais que teñan personalidade xurídica dende mínimo 2 años previos dende a data do prazo para a presentación de solicitudes e que estean establecidas legalmente nun dos países participantes no subprograma Cultura. As persoas físicas non poden solicitar unha subvención.

Financiamento

Subvención máxima de 100.000 euros, que representan non máis do 50% do orzamento elixible.

Orzamento total da convocatoria

3.7 millóns de euros

Duración do proxecto

Duración máxima de 2 anos.

Data de publicación

28/11/2014

Data límite de solicitude

04/02/2015

Documentación

Contacto

Para máis información contactar co servizo de atención de Europa Creativa:

http://ec.europa.eu/culture/creative-europe/creative-europe-desks_en.htm

Contacto coa Axencia:

EACEA-CREATIVE-EUROPE-TRANSLATIONS@ec.europa.eu

Comentarios

Antes de presentar unha solicitude electrónica, os solicitantes deberán rexistrar a súa organización no Portal do Participante de Educación, Audiovisual, Cultura, Cidadanía y Voluntariado; e recibir un Código de Identificación do Participante (PIC). O PIC será solicitado no formulario de solicitude.
O Portal do Participante é o instrumento a través do cal toda a información legal e financeira relacionada coas organizacións será xestionada. A información sobre cómo inscribirse pódese atopar na seguinte dirección:

http://ec.europa.eu/education/participants/portal

As solicitudes deben facerse a través dun sistema online. Os formularios online pódense obter en:

https://eacea.ec.europa.eu/PPMT/

Ademais do formulario online, o paquete de solicitude debe ser enviado por correo, por servizo de mensaxería ou entregado en persoa, polos propios demandantes. En este último caso, un recibo debe ser obtido como proba da presentación, firmado e datado polo funcionario no departamento postal central que recibiu a entrega. Este departamento está aberto dende as 08,00 ata as 17,00 de luns a xoves e de 08,00 a 16,00 o venres; está cerrado os sábados, domingos e festivos. Por razóns de seguridade non se aceptan solicitudes nas instalacións da Axencia.

O paquete de solicitude que se enviará á Axencia debe incluír unha memoria USB ou un CD-ROM que conteña todos os documentos e anexos obrigatorios solicitados.

Dirección á que debe enviarse:

Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
Creative Europe Programme (2014–2020)
Culture Sub-programme –Literary translation projects
Avenue du Bourget 1
(BOUR 04/02)
BE – 1049 Brussels
Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante