Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas: Apoio ao acceso aos mercados MEDIA. EACEA/29/2014

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

A presente convocatoria enmárcase no subprograma MEDIA. No eido do reforzo da capacidade do sector audiovisual, algunhas das prioridades do subprograma MEDIA serán:

• Incrementar a capacidade dos operadores audiovisuais para realizar obras audiovisuais europeas que poidan circular na Unión e fóra dela, e facilitar coproduccións europeas e internacionais, tamén de televisión.

• Fomentar os intercambios entre empresas facilitando o acceso dos operadores audiovisuais aos mercados e ás ferramentas empresariais, con obxecto de aumentar a visibilidade dos seus proxectos nos mercados europeos e internacionais.

Eidos de actuación

Só se considerarán subvencionables as solicitudes que correspondan, como mínimo, a unha das tres accións seguintes:

• Acción 1: Acceso de profesionais europeos a mercados físicos.

• Acción 2: Ferramentas en líña para os profesionais.

• Acción 3: Actividades promocionais europeas comúns

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades europeas establecidas nun dos países participantes no subprograma MEDIA e que sexan propiedade, directamente ou por participación maioritaria, de cidadáns destes países.

Serán admisibles as solicitudes de entidades xurídicas establecidas nun dos seguintes países na medida en que se cumpran todas as condiciones ás que se refire o artigo 8 do Regulamento polo que se establece o programa Europa Creativa e que a Comisión entaboase negociacións co país:

• Estados Membros.
• Países adherentes, países candidatos e países candidatos potenciais que se acolleran a unha estratexia de preadhesión.
• Países da AELC que sexan membros do EEE.
• Confederación Helvética.
• Países del espazo europeo de veciñanza.
• O Programa tamén estará aberto a accións de cooperación bilateral ou multilateral.

O Programa permitirá a cooperación e levar a cabo accións conxuntas con outros países que non participan no Programa, así como con organismos internacionais activos nos sectores culturais e creativo, como a UNESCO, o Consello de Europa, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico ou a Organización Mundial da Propiedade Intelectual, mediante contribucións conxuntas destinadas á consecución dos obxectivos do Programa.

Financiamento

A contribución financeira da Unión non superará:

• 60 % dos custes subvencionables totais dunha acción realizada nos países participantes no subprograma MEDIA.

• 80 % dos custes subvencionables totais dunha acción realizada nos países non participantes no subprograma MEDIA.

Orzamento total da convocatoria

3,53 millón EUR.

Duración do proxecto

A duración máxima é de 12 meses. Concederase unha ampliación máxima de 6 meses adicionais, se se solicita antes do prazo especificado no acordo de subvención. A duración máxima, en calquera caso, será de 18 meses.

Data de publicación

05/11/2014

Data límite de solicitude

22/01/2015

Documentación

Contacto

Correo electrónico: EACEA-MEDIA-MARKETS@ec.europa.eu

Comentarios

A presente convocatoria de propostas está supeditada á seguinte condición: a dispoñibilidade dos fondos despois da aprobación do orzamento para 2015 pola Autoridade Orzamentaria.

As propostas deben presentarse mediante o formulario en liña (eForm). Non se aceptará ningún outro método de presentación de solicitudes. Os solicitantes deberán presentar todos os documentos esixidos, mencionados no formulario electrónico.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante