Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EAC/S16/2014 – Promoción da integración europea a través da cultura, proporcionando novas versións subtituladas de programas de televisión seleccionados de toda Europa

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é probar estratexias innovadoras para as versións subtituladas da programación cultural europea para así facilitar a diseminación e expansión transnacional do contido cultural. O obxectivo principal é comprobar cal é o valor engadido do subtitulado na circulación online e o alcance da programación cultural audiovisual europea na UE.

Obxectivo específico da convocatoria

De forma específica, o resultado agardado deste proxecto piloto é o abastecemento de polo menos 600 horas de contido audiovisual europeo subtitulado en liña e nun número determinado de territorios, así como avaliar o impacto dese contido.

Destinatarios

As propostas deben enviarse achegando un medio audiovisual ou servizo web non lineais cunha masa crítica de contido audiovisual. Os solicitantes deben ter as súas oficinas rexistradas nun Estado membro da UE e non serán elixibles as persoas naturais.

Financiamento

A asistencia financeira da Comisión non excederá do 60% dos custos totais elixibles. A contribución financeira concederase en forma de subvención.

Orzamento total da convocatoria

1,5 millóns de euros.

Data de publicación

31/07/2014

Data límite de solicitude

24/09/2014

Contacto

As solicitudes deben enviarse a:
European Commission
Directorate – General for Education and Culture
Directorate E - Culture and Creativity
Unit E3 – Creative Europe Programme – MEDIA
Office: J-70 01/141
For the attention of Bronagh Walton
1049 Brussels
Belgium

Comentarios

O programa de traballo, as directrices e os formularios de solicitude obtense no seguinte enlace: www.ec.europa.eu/creative-europe

A convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces:
http://ec.europa.eu/culture/calls/general/2014-eac-s16_en.htm
http://ec.europa.eu/culture/calls/general/2014-eac-s16/call-notice_en.pdf

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante