Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

“Cultura para Cidades e Rexións” - Apoio a intercambios culturais entre cidades e rexións para o desenvolvemento urbano e rexional

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Apoiar a capacidade dos sectores cultural e creativo europeos de operar de maneira transnacional e internacional; promover a circulación transnacional das obras culturais e creativas e a mobilidade transnacional dos axentes culturais; reforzar a capacidade financeira da PEME, de micro-organizacións e as organizacións pequenas e medianas dos sectores cultural e creativo de forma sustentable e estimular a elaboración de políticas, a innovación, a creatividade, o desenvolvemento de audiencia e os novos modelos de negocio e de xestión.

Obxectivo específico da convocatoria

• Apoiar intercambios de experiencias a través do contacto directo entre as cidades/gobernos rexionais a partir de visitas de estudo.
• Permitir aos responsables da toma de decisións observar de forma presencial iniciativas de interese e discutir os seus implementaciones, para facilitar a transferencia de boas prácticas.
• Dar seguimento ás cidades/gobernos rexionais que participaron nas visitas, co fin de maximizar o seu impacto e chegar a un maior número de partes interesadas a través dunha ampla difusión da información.

Destinatarios

Participación na convocatoria aberta a todos os individuos dentro dos Estados da UE que se atopen baixo os Tratados da mesma. Inclúense tamén os membros de terceiros países que manteñan Tratados especiais coa Unión. A convocatoria está aberta a consorcios.

Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira, técnica e profesional para levar a cabo o traballo obxecto da presente licitación. A proba solicitada deberá ser presentada por cada membro do grupo en caso dos consorcios.

Duración do proxecto

Ata 32 meses

Data de publicación

12/06/2014

Data límite de solicitude

18/08/2014

Documentación

Contacto

E-mail para cuestións acerca da convocatoria:
EAC-CULTURE-CITIES-REGIONS-2014@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante