Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos da Sociedade Civil - EACEA 36/2014

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Obxectivo xeral

• Contribuír a mellorar a comprensión da Unión, da súa historia e da súa diversidade por parte dos cidadáns;
• Fomentar a cidadanía europea e mellorar as condicións para a participación cidadá e democrática a nivel da Unión.

Obxectivo específico da convocatoria

Estimular a participación democrática e cívica dos cidadáns a nivel da Unión facendo que comprendan mellor o proceso de elaboración das políticas da Unión e promovendo oportunidades de compromiso social e intercultural e voluntariado a nivel da Unión.

Eidos de actuación

Con esta medida preténdese apoiar os proxectos promovidos por asociacións transnacionales e redes nas que participan directamente os cidadáns. Tales proxectos reúnen a cidadáns de entornos diferentes, en actividades directamente vinculadas ás políticas da Unión, con vistas a brindarlles a oportunidade de participar de maneira concreta no proceso de formulación de ditas políticas, nos ámbitos relacionados cos obxectivos do programa.

Un proxecto da sociedade civil deberá incluír, polo menos, dúas do seguintes tres tipos de actividades:
• promoción do compromiso social e a solidariedade: actividades capaces de fomentar o debate, as campañas e as accións relativas aos temas de interese común, no marco máis amplo dos dereitos e as responsabilidades dos cidadáns da Unión, así como de establecer un vínculo co temario político e o proceso de formulación de políticas europeos;
• recollida de opinións: actividades encamiñadas a solicitar as opinións individuais dos cidadáns respecto dun tema específico para a súa definición anual, favorecendo un enfoque «de abaixo arriba» (incluída a utilización de redes sociais, seminarios web, etc.) e a alfabetización mediática;
• voluntariado: actividades de fomento da solidariedade entre os cidadáns da Unión e doutros ámbitos.

Destinatarios

Solicitantes: Ourganizacións sen ánimo de lucro, incluídas organizacións da sociedade civil e institucións educativas, culturais e de investigación.
Socios: Autoridades públicas locais ou rexionais ou organizacións sen ánimo de lucro, incluídas as organizacións da sociedade civil, as institucións educativas, culturais ou de investigación, os comités de irmandamento de cidades e as redes.

Socios

Nun proxecto deberán intervir organizacións de, como mínimo, 3 países admisibles, polo menos un dos cales deberá ser un Estado membro da UE.

Financiamento

O importe máximo da subvención para un proxecto é de 150.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O programa conta cun orzamento global de 185.468.000 euros para un período de sete anos (2014-2020). Do cal se destinará un 60% ao capítulo de “Compromiso democrático e participación cidadá: irmandamentos de cidades, redes de cidades e proxectos da sociedade civil”.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 18 meses.

Data de publicación

30/12/2015

Data límite de solicitude

01/03/2016

Documentación

Contacto

EACEA - Unidade P7 Cidadanía Avenue du Bourget, 1 (BOUR 01/04A) B-1140 Bruxelas - Bélxica Fax:+32 2 296 23 89; http://eacea.ec.europa.eu/citizenship/index_en.php

Proxectos da sociedade civil: eacea-p7-civilsociety@ec.europa.eu


Comentarios

As solicitudes deberán presentarse antes das 12.00 horas (CET) do día en que finaliza o prazo de presentación das mesmas.

Estableceuse un sistema electrónico de presentación de solicitudes para todos os capítulos e medidas. As propostas de proxecto deben presentarse utilizando o formulario electrónico de solicitude de subvención (eForm).


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante