Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Redes de Cidades - EACEA 36/2014

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Obxectivo xeral

• Contribuír a mellorar a comprensión da Unión, da súa historia e da súa diversidade por parte dos cidadáns;
• Fomentar a cidadanía europea e mellorar as condicións para a participación cidadá e democrática a nivel da Unión.


Obxectivo específico da convocatoria

Estimular a participación democrática e cívica dos cidadáns a nivel da Unión facendo que comprendan mellor o proceso de elaboración das políticas da Unión e promovendo oportunidades de compromiso social e intercultural e voluntariado a nivel da Unión.

Eidos de actuación

Proxectos e iniciativas que permitan crear as circunstancias favorables á comprensión mutua, o diálogo intercultural, a solidariedade, o compromiso social e o voluntariado a nivel da Unión. Aínda queda moito por facer para aumentar a participación democrática dos mozos, e da participación das mulleres na toma de decisións políticas e económicas.

Destinatarios

• Cidades/municipios ou os seus comités ou redes de irmandamento;
• Outros niveis de autoridades locais/rexionais;
• Federacións e asociacións de autoridades locais;
• Organizacións sen ánimo de lucro que representen ás autoridades locais.


Socios

Nun proxecto deberán intervir municipios de, como mínimo, 4 países admisibles, polo menos un dos cales deberá ser un Estado membro da UE.

Financiamento

O importe máximo da subvención para un proxecto é de 150.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O programa conta cun orzamento global de 185.468.000 euros para un período de sete anos (2014-2020). Do cal se destinará un 60% ao capítulo de Compromiso democrático e participación cidadá: irmandamentos de cidades, redes de cidades e proxectos da sociedade civil.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 24 meses.

Data de publicación

30/12/2015

Data límite de solicitude

01/09/2016

Documentación

Contacto

EACEA - Unidade P7 Cidadanía Avenue du Bourget, 1 (BOUR 01/04A) B-1140 Bruxelas - Bélxica Fax:+32 2 296 23 89; http://eacea.ec.europa.eu/citizenship/index_en.php

Irmandamento de cidades e redes de cidades: eacea-p7@ec.europa.eu


Procuras de Socios

Redes de cidades - Linköping (Suecia)

O municipio de Linköping está interesado en participar como socio nunha proposta de proxecto enmarcada no Programa Europa cos Cidadáns – 3.2.2 Redes de Cidades.

(ART) Active Cities on the Ways (CitArctive) - Talking about the European identity on Francigena Way - Sutri (Italia)

Co proxecto “(ART) Active Cities on the Ways (CitArctive) - Talking about the European identity on Francigena Way” o concello de Sutri e os seus socios pretenden facer fronte aos novos desafíos presentes a escala europea. Este proxecto proporcionará a oportunidade de intercambiar diferentes puntos de vista e comprender diferentes realidades desde unha perspectiva compartida. CitArctive permitirá aos participantes involucrarse en redes cos seus compañeiros de diferentes países para, desta formar, gañar confianza en si mesmos. Fortalecerase o sentido da solidariedade entre as persoas mediante a intensificación da súa participación en actividades transnacionales, fomentarase o diálogo intercultural e promoverase a participación cidadá co fin de facilitar a comprensión da diversidade cultural europea.

Este proxecto pretende construír novas alianzas culturais e novas políticas de inclusión con base nos antigos camiños (Via Francigena, Camiño de Santiago e Via Egnatia). A benvida ao peregrino podería transformarse na benvida ao emigrante ou ao refuxiado. De feito, con CitActive o concello de Sutri e os seus socios pretenden fortalecer o espírito de tolerancia na poboación local para exceder as diferenzas lingüísticas, culturais, relixiosas ou de xénero para comezar e sentar as bases dun intercambio cultural e unha cooperación duradeira entre cidades.

Comentarios

Existen dúas datas límites para presentar proxectos: 01/03/2016 e 01/09/2016. As solicitudes deberán presentarse antes das 12.00 horas (CET) do día en que finaliza o prazo de presentación das mesmas.

Estableceuse un sistema electrónico de presentación de solicitudes para todos os capítulos e medidas. As propostas de proxecto deben presentarse utilizando o formulario electrónico de solicitude de subvención (eForm).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante