Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Irmandamento de Cidades - EACEA 36/2014

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Obxectivo xeral

• Contribuír a mellorar a comprensión da Unión, da súa historia e da súa diversidade por parte dos cidadáns;
• Fomentar a cidadanía europea e mellorar as condicións para a participación cidadá e democrática a nivel da Unión.


Obxectivo específico da convocatoria

• Sensibilizar sobre a memoria histórica, a historia e os valores comúns e a meta da Unión de promover a paz, os seus valores e o benestar das súas xentes, estimulando o debate, a reflexión e o desenvolvemento de redes;
• Estimular a participación democrática e cívica dos cidadáns a nivel da Unión facendo que comprendan mellor o proceso de elaboración das políticas da Unión e promovendo oportunidades de compromiso social e intercultural e voluntariado a nivel da Unión.


Eidos de actuación

Con esta medida preténdese apoiar os proxectos que reúnan unha ampla gama de cidadáns de cidades hermanadas ao redor da consideración de temas acordes cos obxectivos do programa. Outórgase prioridade aos proxectos que se ocupan das prioridades definidas anualmente para esta medida.

Mediante a mobilización de cidadáns a escala local e da Unión para debater sobre asuntos concretos do temario político europeo, esta medida buscará promover a participación cívica no proceso de formulación de políticas da Unión, así como fomentar oportunidades para o compromiso social e o voluntariado no ámbito comunitario.


Destinatarios

Cidades e municipios e os seus comités de irmandamento ou outras organizacións sen ánimo de lucro que representen a autoridades locais.

Socios

Nun proxecto deberán intervir municipios de, como mínimo, 2 países admisibles, polo menos un dos cales deberá ser un Estado membro da UE.

Financiamento

O importe máximo da subvención para un proxecto é de 25.000 euros

Orzamento total da convocatoria

O programa conta cun orzamento global de 185.468.000 euros para un período de sete anos (2014-2020). Do cal se destinará un 60% ao capítulo de Compromiso democrático e participación cidadá: irmandamentos de cidades, redes de cidades e proxectos da sociedade civil.

Duración do proxecto

A duración máxima do encontro é de 21 días.

Data de publicación

30/12/2015

Data límite de solicitude

01/09/2016

Documentación

Contacto

EACEA - Unidade P7 Cidadanía Avenue du Bourget, 1 (BOUR 01/04A) B-1140 Bruxelas - Bélxica Fax:+32 2 296 23 89; http://eacea.ec.europa.eu/citizenship/index_en.php

Irmandamento de cidades e redes de cidades: eacea-p7@ec.europa.eu


Comentarios

Dúas datas límites para presentar proxectos: 01/03/2016 e 01/09/2016. As solicitudes deberán presentarse antes das 12.00 horas (CET) do día en que finaliza o prazo de presentación das mesmas.



Estableceuse un sistema electrónico de presentación de solicitudes para todos os capítulos e medidas. As propostas de proxecto deben presentarse utilizando o formulario electrónico de solicitude de subvención (eForm).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante