Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Memoria Histórica Europea 2016 - EACEA 36/2014

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Obxectivo xeral

• Contribuír a mellorar a comprensión da Unión, da súa historia e da súa diversidade por parte dos cidadáns;
• Fomentar a cidadanía europea e mellorar as condicións para a participación cidadá e democrática a nivel da Unión.


Obxectivo específico da convocatoria

• Sensibilizar sobre a memoria histórica, a historia e os valores comúns e a meta da Unión de promover a paz, os seus valores e o benestar das súas xentes, estimulando o debate, a reflexión e o desenvolvemento de redes;
• Estimular a participación democrática e cívica dos cidadáns a nivel da Unión facendo que comprendan mellor o proceso de elaboración das políticas da Unión e promovendo oportunidades de compromiso social e intercultural e voluntariado a nivel da Unión.


Eidos de actuación

Actividades que conviden á reflexión sobre a diversidade cultural europea e os valores comúns no sentido máis amplo. Neste contexto, proponse o financiamento de proxectos que realizan actividades de reflexión sobre as causas dos réximes totalitarios na historia europea moderna (prestando atención especial, aínda que non exclusiva, ao nazismo, que conduciu ao holocausto, o fascismo, o estalinismo e os réximes comunistas totalitarios) e renden homenaxe ás vítimas dos seus crimes.

O capítulo comprende así mesmo as actividades relacionadas con outros momentos determinantes e puntos de referencia na recente historia europea. En particular, dará preferencia ás accións que promoven a tolerancia, o entendemento mutuo, o diálogo intercultural e a reconciliación como medio de superar o pasado e construír o futuro, facendo especial fincapé en que tales accións cheguen á xeración máis nova.


Destinatarios

Os solicitantes e os socios deben ser organismos públicos ou entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica establecidos nun dos países participantes no programa.

Socios

En cada proxecto deberán participar organizacións de polo menos un Estado membro e outorgarase preferencia aos proxectos transnacionais.

Financiamento

O importe máximo da subvención para un proxecto é de 100.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O programa conta cun orzamento global de 185.468.000 euros para un período de sete anos (2014-2020). Do cal un 20 % aproximadamente destínase a Memoria histórica europea.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 18 meses.

Data de publicación

30/12/2015

Data límite de solicitude

01/03/2016

Documentación

Contacto

EACEA - Unidade P7 Cidadanía Avenue du Bourget, 1 (BOUR 01/04A) B-1140 Bruxelas - Bélxica Fax:+32 2 296 23 89; http://eacea.ec.europa.eu/citizenship/index_en.php

Memoria histórica europea: eacea-p7-remembrance@ec.europa.eu


Comentarios

As solicitudes deberán presentarse antes das 12.00 horas (CET) do día en que finaliza o prazo de presentación das mesmas.
Estableceuse un sistema electrónico de presentación de solicitudes para todos os capítulos e medidas. As propostas de proxecto deben presentarse utilizando o formulario electrónico de solicitude de subvención (eForm).


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante