Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

O compromiso democrático e a participación cidadá - Europa cos cidadáns

Programa

EUROPA COS CIDADÁNS 2014-2020

Obxectivo xeral

Os obxectivos desta convocatoria son:

• fomentar a cidadanía europea e mellorar as condicións para a participación cívica e democrática na UE.
• fomentar a participación democrática dos cidadáns na UE
• apoiar a participación concreta no proceso de formulación de políticas da UE

Eidos de actuación

A convocatoria apoia as:

-actividades que cubran a participación cívica, centrándose en particular nas políticas da Unión Europea.
-iniciativas de desenvolvemento de oportunidades para a comprensión mutua, a aprendizaxe intercultural, a solidariedade, o compromiso social e o voluntariado na UE.

Esta convocatoria divídese nas seguintes tres accións:

• Irmandamento de cidades: apoiaranse os proxectos que reúnan cidadáns de cidades irmandadas. Esta acción tratará de promover a participación cidadá no proceso de elaboración das políticas da UE e o desenvolvemento de oportunidades para a participación social e o voluntariado na UE, mediante a mobilización dos cidadáns a nivel local e europeo para debater sobre temas concretos da axenda política europea.

• Redes de cidades: proporcionarase financiamento aos municipios e asociacións que traballan xuntos nun tema común cunha perspectiva a longo prazo, e que desexen desenvolver redes de cidades para lograr unha cooperación máis sostible.

• Proxectos da sociedade civil: apoiaranse os proxectos que reúnan os cidadáns en actividades directamente relacionadas coas políticas da UE, proporcionando unha oportunidade para a participación directa no proceso de elaboración de políticas. As actividades financiadas inclúen: a promoción da participación social e a solidariedade, a recompilación de opinións e o voluntariado.

Socios

Número de socios segundo a acción:

• Irmandamento de cidades: cidades / municipios ou os seus comités de irmandamento ou outras organizacións sen ánimo de lucro que representen as autoridades locais. No proxecto deberán intervir municipios de como mínimo 2 países participantes, dos cales polo menos un debe ser un Estado membro da UE.

• Redes de cidades: cidades / municipios ou os seus comités de irmandamento ou redes, outras autoridades locais ou rexionais, federacións ou asociacións de autoridades locais ou organizacións sen ánimo de lucro que representen as autoridades locais. No proxecto deberán intervir municipios de como mínimo 4 países participantes, dos cales polo menos un deber ser un Estado membro da UE.

• Proxectos da sociedade civil: organizacións sen ánimo de lucro, incluídas as organizacións da sociedade civil, institucións educativas, culturais ou de investigación. O proxecto debe involucrar organizacións de polo menos 3 países elixibles, dos cales polo menos un debe ser un Estado membro da UE.

Financiamento

Cantidade subvencionada segundo a acción:

• Irmandamento de cidades:
A subvención máxima para un proxecto é de 25.000 euros.
• Redes de cidades:
A subvención máxima para un proxecto é de 150.000 euros.
• Proxectos da sociedade civil
A subvención máxima para un proxecto é de 150.000 euros.

Duración do proxecto

Duración prevista para cada acción:

• Irmandamento de cidades:
A duración máxima do proxecto é de 21 días.
• Redes de cidades:
A duración máxima do proxecto é de 24 meses.
• Proxectos da sociedade civil
A duración máxima do proxecto é de 18 meses.

Data límite de solicitude

01/09/2014

Documentación

Contacto

A EACEA (Axencia Executiva no ámbito educativo, audiovisual e cultural) é a responsable de implementar a maior parte do programa Europa cos Cidadáns.

EACEA - Unit C1 Europe for Citizens
Avenue du Bourget, 1 (BOUR 01/04A)
B-1049 Brussels - Belgium
Fax:+32 2 296 23 89;
http://eacea.ec.europa.eu/europe-for-citizens

Contactos de la convocatoria O compromiso democrático e a participación cidadá:

eacea-c1@ec.europa.eu (Irmandamento de cidades e redes de cidades)
eacea-c1-civilsociety@ec.europa.eu (Proxectos da sociedade civil)

Contacto Nacional:

PEC (Punto Europeo de Cidadanía)
Plaza del Rey, 1
ES-28004 Madrid
Tel: +34/91 701 7466
Fax:+34/91 701 7219
Contact: Mr Augusto Paramio / Ms Tamar Lavado
www.mcu.es/cooperacion/MC/PEC/index.html
Email: pec.cultura@mecd.es / augusto.paramio@mecd.es / tamar.lavado@mecd.es

Comentarios

As solicitudes enviaranse de forma electrónica. Os solicitantes deben crear unha conta no Servizo de Autenticación da Comisión Europea (ECAS). Despois deberán rexistrarse no Portal do Participante:

http://ec.europa.eu/education/participants/portal/desktop/en/organisations/register.html

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante