Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Políticas europeas experimentais no ámbito da educación e a formación dirixidas por autoridades públicas de alto nivel

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

O programa Erasmus+ deberá contribuír á consecución de: 
  • Os obxectivos da Estratexia Europa 2020, incluído o obxectivo principal sobre educación; 
  • Os obxectivos do Marco estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación ( ET 2020), cos indicadores de referencia correspondentes;  
  • O desenvolvemento sustentable dos países asociados no campo da educación superior; Os obxectivos globais da Estratexia da UE para a Mocidade (marco para a cooperación europea no ámbito da mocidade); 
  • O obxectivo do desenvolvemento da dimensión europea no deporte, en particular o deporte de base, en consonancia co Plan de Traballo da Unión para o Deporte;  
  • A promoción dos valores europeos, de conformidade co artigo 2 do Tratado da Unión Europea.

Eidos de actuación

Acción chave 3 (AC3): Apoio á reforma dos políticas
  • Proxectos do Diálogo sobre a Mocidad
  • Actividades Jean Monnet
  • Cátedras Jean Monnet
  • Módulos Jean Monnet
  • Centros de excelencia Jean Monnet
  • Apoio Jean Monnet a asociacións
  • Redes Jean Monnet
  • Proxectos Jean Monnet
  • Deporte
  • Asociacións en colaboración
  • Pequenas asociacións en colaboración
  • Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro

Destinatarios

Calquera entidade pública ou privada que traballe no ámbito da educación, a formación, a mocidade e o deporte poderá solicitar financiamento con cargo ao programa Erasmus+. 

Ademais, os grupos de mozos que traballan no sector da mocidade, aínda que non sexa necesariamente no marco dunha organización xuvenil, poderán solicitar financiamento para mobilidade por motivos de aprendizaxe de mozas, estudantes ou traballadores, así como para asociacións estratéxicas no ámbito da mocidade.

Socios

HEI  expedidoras de títulos recoñecidas como tales polas autoridades pertinentes do país do programa ou país asociado no que estean establecidas e calquera organización pública ou privada que contribúa de maneira activa á preparación, a execución e a avaliación do  EMJMD. Cada socio debe asinar un poder autorizando ao coordinador para que actúe no seu nome e en nome de todos durante a execución do proxecto.

Financiamento

A contía das bolsas concedidas varían segundo o tipo de proxecto e o número de socios que participan.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado a esta convocatoria de propostas estímase en 3 207,4 millóns EUR.

Duración do proxecto

A duración dos proxectos varían segundo o tipo de proxecto e o número de socios que participan.

Data de publicación

05/11/2019

Data límite de solicitude

21/04/2020

Documentación

Contacto

Para preguntas específicas sobre o proceso de presentaciónEACEA-POLICY-SUPPORT@ec.europa.eu

HelpDesk e-mail : EACEA-HELPDESK@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante