Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción Clave 2: Alianzas para o coñecemento - EAC/A03/2016

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

- Impulsar a innovación na educación superior, os negocios e na contorna socioeconómica.
- Desenvolver as habilidades e os coñecementos para o emprendemento
- Estimular o fluxo e o intercambio de coñecementos entre a educación superior e as empresas.

Eidos de actuación

As Alianzas para o coñecemento poden organizar actividades de mobilidade de estudantes, investigadores e persoal sempre que apoien/complementen outras actividades da Alianza e proporcionen un valor engadido para a realización dos obxectivos do proxecto.

Destinatarios

As organizacións participantes deben ser organizacións públicas ou privadas establecidas nalgún país participante no programa Erasmus+ ou país asociado ao mesmo. Por exemplo poderían ser:
- Unha institución de educación superior.
- Unha empresa pequena, mediana ou grande pública ou privada.
- Un centro de investigación.
- Un organismo público local, rexional ou nacional.
- Unha organización activa no ámbito da educación, a formación e a mocidade.
- Un intermediario ou asociación que represente a organizacións educativas, de formación ou xuvenís.
- Un intermediario ou asociación que represente a empresas.
- Un organismo de acreditación, certificación ou cualificación.

Socios

As Alianzas para o coñecemento deben de ser transnacionais e implicar a un mínimo de 6 organizacións independentes de polo menos 3 países do programa Erasmus+, fóra destes polo menos 2 deben de ser institucións de educación superior e 2 empresas.

Financiamento

- As Alianzas para o coñecemento de 2 anos recibirán un máximo de 700.000 euros da UE.
- As Alianzas para o coñecemento de 3 anos recibirán un máximo de 1.000.000 euros da UE.

Orzamento total da convocatoria

A liña de educación e formación recibirá 1.645,6 millóns de euros do Programa Erasmus+ .

Data de publicación

28/10/2016

Data límite de solicitude

28/02/2017

Documentación

Contacto

Para calquera cuestión sobre esta convocatoria debe dirixirse ao seguinte correo electrónico: EACEA-KNOWLEDGE-Alliances@ec.europa.eu

Procuras de Socios

Social inclusion through urban farming in multicultural cities - BISTAD (Dinamarca)

A proposta de proxecto pretende combinar o traballo social coa agricultura urbana coa fin de desenvolver un modelo europeo de inclusión social mediante a promoción de enfoques medioambientalmente sustentables. Ao traballar directamente cos grupos infrarrepresentados, o proxecto promoverá comunidades con maior valor engadido en cidades multiculturais.

Comentarios

A data límite para presentar propostas a esta convocatoria finalizará o 28 de febreiro de 2017 ás 12.00 horas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante