Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción clave 3-Asociacións EFP : Empresa sobre a aprendizaxe no posto de traballo e a formación de aprendices - EACEA/40/2016

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

O propósito xeral da convocatoria consiste en tender pontes entre os ámbitos da educación e da empresa, reforzar a pertinencia da educación e a formación para atender as necesidades do mercado laboral, e promover a excelencia.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo da convocatoria é procurar a presentación de propostas relativas a asociacións EFP-empresa encamiñadas a desenvolver a aprendizaxe no posto de traballo e a contribuír así ao obxectivo de Riga de promover este tipo de instrución en todas as súas modalidades, prestando especial atención á formación de aprendices.
Tales asociacións deben contribuír á participación das empresas e os interlocutores sociais no deseño e a provisión da EFP, e a garantir nesta a presenza dun sólido compoñente de aprendizaxe no posto de traballo.
Coa presente convocatoria tamén se pretende elevar a calidade da aprendizaxe no posto e a formación de aprendices mediante o fomento das asociacións nas que interveñan empresas, provedores de EFP, outros interlocutores pertinentes e organizacións intermediarias no desenvolvemento de enfoques máis relevantes, sistemáticos e sustentables mediante a transmisión de coñecementos e a obtención de leccións de modelos e prácticas consolidados.
Outórgase prioridade á dimensión rexional e local, co fin de lograr resultados concretos e sustentables sobre o terreo.

Eidos de actuación

- Asociacións locais e rexionais (lote 1)
- Asociacións entre unha organización marco europea e os seus membros ou filiais nacionais (lote 2)

Destinatarios

-Lote 1:
O candidato (coordinador de proxecto) debe pertencer a unha das seguintes organizacións: provedores de EFP (ensino secundario de ciclo superior ou postsecundaria), pemes ou grandes empresas (públicas ou privadas), cámaras de comercio, industria e artesanía, ou organizacións sectoriais/profesionais igualmente pertinentes, así como autoridades locais e rexionais.
Deberán formar parte da asociación, polo menos, tres socios de pleno dereito procedentes, como mínimo, de dous países do programa Erasmus+ diferentes.
Estas tres entidades deberán incluír: un provedor de EFP, unha autoridade local ou rexional e unha peme ou gran empresa (pública ou privada), 1 cámara, ou 1 organización sectorial/profesional.
Ademais, a asociación deberá contar, polo menos, con 1 organización patronal, e con 1 organización de traballadores (interlocutores sociais) en calidade de interlocutores asociados.
- Lote 2:
O candidato (coordinador do proxecto) debe ser unha organización marco europea con membros ou filiais en polo menos 12 países do programa Erasmus+, dos cales un mínimo de seis participarán no proxecto como socios.
Entre as organizacións participantes admisibles (lotes 1 e 2) cabe citar: autoridades públicas locais e rexionais, interlocutores sociais (organizacións de empresarios e de traballadores), pemes ou grandes empresas (públicas ou privadas), cámaras de comercio, industria e artesanía, ou organizacións sectoriais/profesionais igualmente pertinentes, servizos públicos de emprego, escolas, provedores, axencias e centros de EFP (incluída a EFP de nivel postsecundario), organizacións de mozas, asociacións de pais e demais organismos pertinentes.
A convocatoria está aberta aos países participantes no Programa Erasmus+.

Socios

No lote 1 deberán formar parte da asociación, polo menos, tres socios de pleno dereito procedentes, como mínimo, de dous países do programa Erasmus+ diferentes.

No lote 2 o candidato (coordinador do proxecto) debe ser unha organización marco europea con membros ou filiais en polo menos 12 países do programa Erasmus+, dos cales un mínimo de seis participarán no proxecto como socios.

Financiamento

Cada subvención oscilará entre os 250.000 euros e os 350.000 euros. A Axencia prevé financiar unhas 20 propostas (ata 15 proxectos no lote 1, e ata 5 proxectos no lote 2).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para a cofinanciación de proxectos no marco da presente convocatoria estímase nun máximo de 6 millóns de euros (4,5 millóns de euros para o lote 1 e 1,5 millóns de euros para o lote 2).

Data de publicación

18/10/2016

Data límite de solicitude

17/01/2017

Documentación

Contacto

Axencia Executiva da Comisión Europea de Educación, Cultura e Audiovisual (EACEA)
Avenue Bourget 1, B-1040 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
E-mail: EACEA-Erasmus-Mundus@ec.europa.eu

Comentarios

A data límite para a presentación de candidaturas é o17 de xaneiro de 2017 ás 12.00 do mediodía (hora de Bruxelas).
As candidaturas deberán presentarse exclusivamente utilizando o formulario de solicitude ofical en liña e poderán ser redactadas en calquera lingua oficial da UE.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante