Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Asistencia a eventos de formación da acción eTwinning

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Reforzar o conxunto de accións destinadas a mellorar a calidade da formación do profesorado, promover a innovación, adoptar métodos docentes máis eficaces e crear comunidades profesionais a escala da Unión Europea ou participar nelas, así como fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e favorecer intercambios culturais.

Obxectivo específico da convocatoria

a) A mellora das competencias profesionais dos/as participantes, tanto no que respecta á súa área específica de traballo como nas linguas de uso durante a estadía.
b) A elaboración de proxectos eTwinning que favorezan o enriquecemento do alumnado e do persoal docente á vez que se intercambian boas prácticas pedagóxicas.
c) A profundización ou consolidación de proxectos internacionais de intercambio e/ou asociacións entre centros escolares.

Eidos de actuación

Prazas de asistencia a eventos de formación dentro do marco da acción eTwinning nos países participantes no programa, para profesorado de centros públicos e privados que impartan docencia en ensinanzas oficiais non universitarias.

Destinatarios

Docentes de centros públicos, concertados e privados de ensinanzas oficiais non universitarias.

Socios

Ningún.

Orzamento total da convocatoria

186.000 euros

Duración do proxecto

Os docentes seleccionados/as a través desta convocatoria asistirán aos eventos de formación cuxa realización está programada entre xaneiro e decembro de 2016, ambos inclusive, e que aparecen na relación de eventos de formación do Anexo I da Convocatoria.

Data de publicación

01/03/2016

Data límite de solicitude

21/03/2016

Documentación

Contacto

Teléfono: 91 377 83 77
Correo electrónico: asistencia@etwinning.es

Comentarios

Os/as docentes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria e desexen tomar parte na mesma deberán solicitalo mediante a instancia accesible por internet na sede electrónica do MECD, sección «Trámites e Servizos».

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante