Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Un marco europeo para a mobilidade dos aprendices e alumnos de formación profesional: desenvolvemento da cidadanía europea e das habilidades a través da intergación dos mozos no mercado laboral - VP/2016/010

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Axudar aos mozos aprendices a desenvolver as súas habilidades e potenciar as súas perspectivas de emprego, á vez que fortalecer o seu sentimento de cidadanía europea.

Obxectivo específico da convocatoria

- Valorizar e aumentar a práctica da formación profesional e a formación dual en Europa.
- Poñer en pé de igualdade a mobilidade dos estudantes de formación universitaria cos de formación profesional, para que ambas as vías de formación teñan as mesmas oportunidades en termos de mobilidade.

Eidos de actuación

1. Organizar cursos de Fromación Profesional para estudantes nun Estado Membro da UE distinto do propio dunha duración mínima de 6 meses consecutivos e máxima dun ano.
2. Identificar candidatos para a mobilidade en acordancia ás necesidades das empresas de acollida e ás habilidades dos participantes.
3. Organizar sesións de benvida e cursos de idiomas como preparación para a experiencia do curso de FP no país de acollida.
4. Deseño e desenvolvemento detallado dos acordos de aprendizaxe para os lugares de traballo dos aprendices, incluíndo contido relevante dos cursos e os progresos de aprendizaxe esperados.
5. Posta en marcha de actividades específicas para facilitar a integración xuvenil na cidade de acollida así como promoción do sentimento de cidadanía europea entre os aprendices.
6. Comprobar que a empresa ou grupo de empresas están capacitadas e preparadas para acoller e formar a aprendices durante a mobilidade ao completo.
7. Levar a cabo unha avaliación exhaustiva das diferentes etapas da experiencia práctica, o que permite a identificación dos factores de éxito.

Destinatarios

- Centros de FP.
- A maiores, poderán participar como socios: Pemes, organizacións de empregados ou de empresas nacionais, rexionais ou locais, cámaras de comercio ou de representación de profesións, consellos sectoriais, servizos de emprego, axencias de desenvolvemento económico e/ou organizacións xuvenís.

Socios

O consorcio deberá estar formado por polo menos dous centros de Formación Profesional nacionais acreditados, legalmente establecidos e rexistrados en dous Estados Membros diferentes.

Financiamento

O montante indicativo de cada subvención oscilará entre os 100.000€ e os 200.000€.

Orzamento total da convocatoria

1.800.000€

Duración do proxecto

A duración total indicativa destes proxectos será de 18 meses.

Data de publicación

29/02/2016

Data límite de solicitude

15/04/2016

Documentación

Contacto

Calquera cuestión debe ser enviada por email a: empl-vp-2016-010@ec.europa.eu

Comentarios

As solicitudes presentaranse electronicamente na web
https://webgate.ec.europa.eu/swim e vía postal, enviando a solicitude asinada, impresa, e con todos os seus anexos.
As solicitudes presentaranse en inglés, francés ou alemán.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante