Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Carta Erasmus de Educación Superior do período 2014-2020 - EACEA/08/2016

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

A Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) constitúe un marco xeral de calidade das actividades de colaboración europea e internacional que todo centro de educación superior poderá levar a cabo no marco do Programa Erasmus+. Os centros de educación superior sitos nun dos países que se enumeran a continuación deberán contar cunha Carta Erasmus de Educación Superior para solicitar e poder participar na mobilidade persoal vinculada á aprendizaxe e/ou na colaboración en materia de innovación e boas prácticas no marco do Programa.

Os centros de educación superior sitos noutros países non necesitan a Carta Erasmus e o marco de calidade establécese mediante acordos interinstitucionales entre os centros de educación superior. A Carta concédese por toda a duración do Programa Erasmus+. A execución da Carta será obxecto de seguimento e a vulneración de calquera dos seus principios e compromisos poderá dar lugar á súa retirada por parte da Comisión Europea.

Destinatarios

Todas as institucións que impartan ensinos de educación superior, públicas e privadas, situadas nun país elexible, poderán solicitar a Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE), necesaria para poder participar na Convocatoria do Programa en 2017 (curso académico 2017-2018). Poderán solicitar unha Carta Erasmus de Educación Superior os centros de educación superior sitos nalgún dos seguientes países:
— os Estados membros da Unión Europea,
— os países da AELC/EEE (Islandia, Liechtenstein, Noruega), a antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía.


Socios

Non son necesarios.

Duración do proxecto

Unha vez obtida, o período de validez da Carta estenderase ata o ano 2020.

Data de publicación

03/02/2016

Data límite de solicitude

31/03/2016

Documentación

Contacto

No caso de xurdir problemas con :.
• a creación ou a utilización da conta ECAS, deberase remitir un correo electrónico a: EACEA-Helpdesk@ec.europa.eu
• o enchemento do formulario de solicitude para a obtención da Carta Erasmus de Educación Superior, deberase remitir un correo electrónico a: EACEA-Eche@ec.europa.eu


Comentarios

O formulario de solicitude en liña, debidamente completado, debe presentarse en liña antes das 12.00 horas (mediodía, hora de Bruxelas, hora central europea) do 31 de marzo de 2016. A data indicativa de publicación dos resultados dos procedementos de selección é o 1 de outubro de 2016.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante