Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Erasmus+. Apoio a pemes que participen en programas de formación de aprendices. Convocatoria de propostas EACEA/41/2015

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Os obxectivos do programa enmárcanse dentro da estratexia ”Europa 2020”, para o crecemento da UE na próxima década e da estratexia ”Educación e Formación 2020” (ET 2020), para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación. En concreto perséguese:

- Lograr un aumento do 32% ao 40% da poboación que conte con titulacións de educación superior.

- Reducir a taxa de abandono escolar do 14% a menos do 10%.

- Lograr que un 15% de adultos (25-64 anos) participe en programas de aprendizaxe ao longo da vida.

- Favorecer a mobilidade durante a aprendizaxe: un incremento do 20% en Educación Superior e un 6% en Formación Profesional inicial

Obxectivo específico da convocatoria

Invitar á presentación de propostas de apoio a pemes que ofrezan programas de formación de aprendices, ben sexa a súa primeira oferta de postos de formación de aprendices ou ben unha ampliación substancial dos que ofrecen na actualidade. Cabe destacar que esta convocatoria non presta axuda financeira directamente ás pemes.

Eidos de actuación

As propostas deben presentarse con arranxo a un dos dous lotes seguintes:

a) Lote 1. Asociacións de reforzo de capacidades para organismos intermediarios ou asociacións creadas por grandes empresas para axudar a pemes. Reforzo de capacidades para organismos intermediarios (como cámaras de comercio, industria e artesanía, ou outras organizacións profesionais) ou utilización da cadea de subministro de grandes empresas para o desenvolvemento e o establecemento de estruturas de apoio ás pemes, en particular, as que carecen de experiencia previa en programas de formación de aprendices

b) Lote 2. Redes e organizacións de escala europea que apoien ás pemes a través dos seus membros ou filiais nacionais. Cooperación con obxectivos precisos entre a organización xeral coordinadora das redes e organizacións europeas e os seus membros ou filiais nacionais para o desenvolvemento e o establecemento de estruturas de apoio ás pemes, en particular as que carecen de experiencia previa en programas de formación de aprendices.

Ademais, os beneficiarios emprenderán outra das actividades que se detallan no art. 3 da convocatoria (idénticas para ambos lotes)

Destinatarios

Lote 1: O candidato (coordinador) debe pertencer a unha das seguintes organizacións ou grupo de organizacións:

— cámaras de comercio, industria e artesanía, ou organizacións sectoriais/profesionais igualmente pertinentes,
— empresas públicas ou privadas,
— provedores de EFP,
— outras organizacións que exerzan algunha función de apoio ás pemes para que aumenten a súa oferta de postos de formación de aprendices.

As asociacións estarán compostas por un mínimo de dous países admisibles (un dos cales haberá de ser un país participante no programa Erasmus+).

Lote 2: O candidato (coordinador do proxecto) debe ser unha rede ou unha organización con membros ou filiais en polo menos 12 países do programa Erasmus+, dos cales un mínimo de seis participarán no proxecto como socios.

Financiamento

Cada subvención será de entre 300 000 e 600 000 EUR para o lote 1, e de entre 600 000 e 800 000 EUR para o lote 2. A Axencia prevé financiar unhas 15 propostas (ata 10 proxectos no lote 1, e ata 5 proxectos no lote 2). A Axencia resérvase o dereito de non asignar todos os fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para a cofinanciación de proxectos no marco da presente convocatoria estímase en 8 700 000 EUR (5 200 000 para o lote 1 e 3 500 000 para o lote 2).

Data de publicación

13/11/2015

Data límite de solicitude

15/01/2016

Documentación

Contacto

Education Audiovisual & Culture Executive Agency
BOUR - Rue Colonel Bourg 135-139
BOU2 - Rue Colonel Bourg 115
BE-1140 Evere
----------------
Avenue du Bourget 1
BOUR / BOU2*
BE-1049 Brussels

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante