Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Erasmus+, acción clave 3 – Apoio á reforma das políticas. Cooperación coa sociedade civil no ámbito da xuventude - 2015/C 338/05

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Os obxectivos do programa enmárcanse dentro da estratexia ”Europa 2020”, para o crecemento da UE na próxima década e da estratexia ”Educación e Formación 2020” (ET 2020), para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación. En concreto perséguese:

Lograr un aumento do 32% ao 40% da poboación que conte con titulacións de educación superior.

Reducir a taxa de abandono escolar do 14% a menos do 10%.

Lograr que un 15% de adultos (25-64 anos) participe en programas de aprendizaxe ao longo da vida.

Favorecer a mobilidade durante a aprendizaxe: un incremento do 20% en Educación Superior e un 6% en Formación Profesional inicial.

Obxectivo específico da convocatoria

Proporcionar apoio estrutural, en forma de subvencións de funcionamento, a organizacións non gobernamentais europeas (ONGE) e a redes a nivel europeo que traballen no ámbito da xuventude e que persigan os seguintes obxectivos xerais:

— Incrementar a sensibilización das partes interesadas sobre a axenda política europea no ámbito da xuventude, en particular, sobre a estratexia da UE para a xuventude,

— Aumentar o compromiso das partes interesadas e a cooperación coas autoridades públicas para a aplicación de políticas e reformas no ámbito da xuventude, en especial as recomendacións específicas por país emitidas no marco do Semestre Europeo,

— Incrementar a participación das partes interesadas no ámbito da xuventude,

— Reforzar o compromiso das partes interesadas na difusión das actividades e os resultados das políticas e do Programa, e das boas prácticas, entre os seus membros

Eidos de actuación

Espérase que as organizacións activas no campo da xuventude que recibirán apoio en virtude desta Convocatoria realicen actividades destinadas a:

— Promover a empregabilidade dos mozos, especialmente a través de actividades que fomentan o desenvolvemento de competencias e habilidades a través da educación non formal,

— Fomentar a autonomía dos mozos na sociedade e a súa participación nos procesos de toma de decisións,

— Contribuír ao desenvolvemento persoal, socioeducativo e profesional dos mozos en Europa,

— Contribuír ao desenvolvemento da xuventude a escala local, rexional, nacional ou europea,

— Contribuír ao desenvolvemento das cuestións políticas que afectan aos mozos e ás organización xuvenís a escala local, rexional, nacional ou europea e ao debate ao respecto,

— Promover a aprendizaxe intercultural, o respecto da diversidade e os valores de solidariedade, igualdade de oportunidades e dereitos humanos entre os mozos en Europa,

— Promover a inclusión social dos mozos con menos oportunidades,

— Contribuír á aplicación da Declaración sobre o fomento da cidadanía e os valores comúns de liberdade, tolerancia e no discriminación a través da educación, adoptada en París, o 17 de marzo de 2015, por exemplo, mediante a integración da promoción da educación cívica, o diálogo intercultural e a cidadanía democrática nos seus programas de traballo.

Destinatarios

Organizacións non gobernamentais europeas (ONGE) e redes a nivel europeo (redes informais)

— Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido, Romanía e Suecia,

— Países membros de la Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) que sexan á vez membros do Espazo Económico Europeo (EEE): Islandia, Liechtenstein e Noruega;

— Países candidatos que conten cunha estratexia de preadhesión, conforme aos principios xerais e as condicións e modalidades xerais establecidas nos acordos marco subscritos con estes países para a súa participación nos programas da UE: antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía.

Financiamento

O importe máximo da subvención de funcionamiento anual será de 35.000€.

Orzamento total da convocatoria

3.800.000 €

Data de publicación

28/10/2015

Data límite de solicitude

26/11/2015

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante