Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas — EACEA 04/2015 no marco do programa Erasmus+ «Marcos xerais de actuación en materia de educación e formación profesional continua» (2015/C 31/06)

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

O obxectivo da presente convocatoria é apoiar a elaboración de políticas públicas que teñan como finalidade a coordinación da prestación de formación e educación profesional continua (EFPC), e garantir un aumento significativo do aproveitamento de oportunidades de formación, no marco de estratexias xenerais de competencias nos eidos nacional, rexional ou local.

Eidos de actuación

Os proxectos deberán demostrar cómo as autoridades públicas responsables utilizan o seu papel directivo para definir as prioridades estratéxicas das políticas nacionais, rexionais ou locais en materia de competencias e políticas relacionadas coa EFPC para crear a base dunha reforma sistémica.

Os proxectos terán que estar baseados en prácticas existentes en, a lo menos, outro país participante no programa Erasmus+.

Destinatarios

Esta convocatoria está dirixida ás autoridades nacionais responsables de elaborar políticas de EFPC en cada país participante no programa Erasmus+ ou ás organizacións designadas por éstas.

Socios

As solicitudes deberán ser presentadas por dúas entidades de a lo menos dous países distintos participantes no programa. O candidato admisible (coordinador) deberá ser unha autoridade nacional ou unha organización designada pola autoridade nacional con competencias en canto á EFP, incluída a EFPC, e deberá estar situado nun país participante no programa.

Os posibles socios poderán ser ministerios ou outras partes interesadas, como interlocutores sociais, empresas, cámaras de comercio, provedores de EFP públicos ou privados, centros de investigación, etc.

A convocatoria está aberta aos seguintes países:

• Estados membros da Unión Europea.
• Países AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein e Noruega.
• Países candidatos á adhesión á UE: Antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía.
• Posibles países candidatos á adhesión á UE: Albania, Bosnia e Herzegovina, Montenegro e Serbia.

Financiamento

A subvención máxima será de 150 000 EUR para proxectos dun ano e de 300 000 EUR para proxectos de dous anos. Dita subvención representará unha porcentaxe máxima do 75% total dos custes subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

4 200 000 EUR.

Data de publicación

30/01/2015

Data límite de solicitude

30/04/2015

Documentación

Comentarios

Tanto as directrices como o formulario de solicitude poden consultarse na seguinte dirección web:

http://eacea.ec.europa.eu/erasmus-plus_en

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante