Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria do “Instituto de la Juventud” para a concesión de axudas destinadas á realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no capítulo de Xuventude do Programa de acción comunitario «Erasmus+»

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais da presente convocatoria son os seguintes:

– Promover a cidadanía activa entre a mocidade, en especial a europea.
– Potenciar a solidaridade e promover a tolerancia.
– Favorecer o entendemento mutuo entre mozos.
– Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de mozos e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no eido da xuventude.
– Favorecer a cooperación europea no eido da xuventude.

Eidos de actuación

Acción clave 1:Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
- Intercambios xuvenís;
-Servizo Voluntario Europeo (SVE);
-Formación de traballadores no eido da xuventude e creación de redes.

Acción clave 2: Asociacións estratéxicas no eido da xuventude
-Actividades que promovan o desenvolvemento, a verificación ou a execución de prácticas innovadoras no eido da educación, a formación e la xuventude;
-Actividades que facilitan o recoñecemento e a validación dos coñecementos, as aptitudes e as competencias adquiridos mediante a aprendizaxe formal, non formal e informal;
-Actividades de cooperación entre autoridades rexionais para promover o desenvolvemento de sistemas de educación, formación e xuventude e a súa integración en accións de desenvolvemento local e rexional;
-Iniciativas transnacionais que impulsan competencias e mentalidades empresariales, para fomentarla ciudadanía activa e o espíritu empresarial (incluídas as empresas sociais), desenvoltas conxuntamente por dous ou máis grupos de mozos de diferentes países.

Acción clave 3: O apoio á reforma das políticas
-Encontros internacionais de mozos.
-Encontros nacionais de mozos.

Destinatarios

Entidades e organizacións de carácter non gobernamental así como as persoas físicas representantes dun grupo de mozos non asociados. Deberán cumprir os requisitos establecidos no Regulamento, a Guía do Programa e, na Lei de Subvencións e o seu Regulamento de desenvolvemento.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado á presente convocatoria é de 10.434.149,50 euros, repartido do seguinte xeito:

Acción clave 1: Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe . . . . . . . . 8.371.613,00
– Mobilidade dos mozos (Intercambios xuvenís) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3.427.733,00
– Mobilidade dos mozos (Servizo Voluntario Europeo) . . . . . . . . . . . . . . . . . . .3.639.442,00
– Mobilidade das persoas que traballan no eido da xuventude. . . . . . . . . . . . .1.304.438,00

Acción clave 2: Asociacións estratéxicas no eido da xuventude. . . . . . . . . . .. 1.584.075,50

Acción clave 3: O apoio á reforma das políticas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 478.461,00

Data de publicación

26/01/2015

Data límite de solicitude

01/10/2015

Documentación

Comentarios

Todos os prazos de presentación das solicitudes expiran ás 12.00 h, hora de Bruxelas:

• Acción clave 1.–Mobilidade das persoas:
– 4 de febreiro de 2015, proxectos que comecen entre o1 de maio e o 30 de setembro de 2015.
– 30 de abril de 2015, proxectos que comecen entre o 1 de agosto de 2015 e o 31 de decembro de 2015.
– 1 de octubre de 2015, proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2016.

• Acción clave 2.–Cooperación para a innovación e intercambio de boas prácticas:
– 4 de febreiro de 2015, proxectos que comecen entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2015.
– 30 de abril de 2015, proxectos que comecen entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de decembro de 2015.
– 1 de outubro de 2015, proxectos que comecen entre o1 de xaneiro e o 31 de maio de 2016.

• Acción clave 3.–Contactos entre mozos e responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude:
– 4 de febreiro de 2015, proxectos que comecen entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2015.
– 30 de abril de 2015, proxectos que comecen entre o 1 de agosto de 2015 e o 31 de decembro de 2015.
– 1 de outubro de 2015, proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2016.

Antes de presentar unha solicitude de subvención no marco do Programa Erasmus+, os solicitantes deberán rexistrarse previamente segundo o procedemento establecido na Guía do Programa:

1. Rexistrar a súa organización no Servizo de Autentificación da Comisión Europea (ECAS) (https://webgate.ec.europa.eu/ cas/eim/external/register.cgi).

2. Iniciar sesión no Portal do Participante (http://ec.europa.eu/education/ participants/portal/desktop/en/organisations/register.html) cos datos obtidos na conta ECAS e rexistrar a organización no Sistema de Rexistro Único (URF), a través do que se obterá un Código de Identificación do Participante (PIC).

Os solicitantes poden atopar instrucións para este procedemento na web da Axencia Nacional Española para a aplicación do Programa Erasmus+ en materia de Xuventude ou consultar o Manual de Usuario publicado pola Comisión Europea.

Os solicitantes deben presentar a súa solicitude online á Axencia Nacional empregando os formularios electrónicos correspondentes e incluíndo todos os anexos solicitados.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante