Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción clave 3: Apoio á reforma política — Cooperación coa sociedade civil no eido da educación e a formación, e da xuventude— EACEA/31/2014

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

O obxectivo da presente convocatoria é proporcionar apoio estrutural, en forma de subvencións de funcionamento, a organizacións non gobernamentais europeas (ONGE) e a redes a nivel da UE que traballen no eido da educación e a formación ou no eido da xuventude e que persigan os seguintes obxectivos xerais:

• Concienciar ás partes interesadas sobre as axendas políticas europeas en materia de educación, formación e xuventude, en especial Europa 2020, Educación y Formación 2020, axendas políticas específicas, tales como os procesos de Bolonia ou de Bruxas-Copenhague, así como a Estratexia da Xuventude da UE;

• Aumentar o compromiso das partes interesadas e a cooperación coas autoridades públicas para a aplicación de políticas e reformas nos eidos da educación e a formación, así como no eido da xuventude, como por exemplo as recomendacións específicas por país emitidas no marco do Semestre Europeo;

• Incrementar a participación das partes interesadas nos eidos da educación, a formación e a xuventude;

• Incrementar a implicación das partes interesadas na difusión das actividades e os resultados das políticas e do Programa e das boas prácticas entre os seus membros e outros.

Estes obxectivos deben estar claramente integrados nos plans de traballo, as actividades e os entregables das organizacións solicitantes.

Eidos de actuación

Nesta convocatoria proporcionarase financiamento a través dos dous lotes seguintes:

1. Cooperación coa sociedade civil no eido da educación e a formación (Lote 1)

2. Cooperación coa sociedade civil no eido da xuventude (Lote 2)

Debe terse en conta que unha organización só pode presentar unha solicitude ao ano, xa sexa para o lote 1 ou o lote 2, pero non para ambos.

Esta convocatoria ofrece a posibilidade de solicitar:

• Convenios marco de colaboración (para os lotes 1 y 2): Formalizan unha colaboración de tres anos de duración. Deben incluír:
o Programa de traballo anual para 2015, xunto coa información necesaria para calcular a subvención.
o Plan de acción trienal que comprenda o período 2015-2017.

• Subvencións de funcionamento anuais (Lote 2: só xuventude): céntranse na cooperación a corto prazo a nivel europeo. As solicitudes deberán incluír un programa de traballo anual para 2015 xunto coa información necesaria para calcular a subvención.

Destinatarios

Esta convocatoria está aberta a dous categorías de organismos:

• Categoría 1: Organizacións non gobernamentais europeas (ONGE) no eido da educación e a formación ou no eido da xuventude,

• Categoría 2: Redes a nivel da UE no eido da educación e a formación ou no eido da xuventude.

Unha organización poderá presentar unha soa solicitude, xa sexa para a categoría 1 ou para a categoría 2. Para que sexan elixibles, os candidatos deben non ser gobernamentais e non ter ánimo de lucro. Nin as axencias nacionais Erasmus+ nin as organizacións nas que os seus membros sexan maioritariamente axencias nacionais Erasmus+ serán admitidos.

Serán elixibles as solicitudes de entidades legais establecidas nun dos seguintes países:

• Estados Membros.

• Países Membros da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) que formen parte del Espazo Económico Europeo (EEE): Islandia, Liechtenstein e Noruega.

• Países candidatos: Antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía.

Orzamento total da convocatoria

6.300.000 de euros.

Data de publicación

28/10/2014

Data límite de solicitude

17/12/2014

Documentación

Contacto

Lote 1: EACEA-CIVIL-EDU@ec.europa.eu

Lote 2: EACEA-YOUTH@ec.europa.eu

Comentarios

As solicitudes deben presentarse utilizando o formulario de solicitude de subvención en liña (eForm). Dito formulario está dispoñible en inglés, francés e alemán na seguinte dirección web:

http://eacea.ec.europa.eu/erasmus-plus/funding/eacea312014-civil-society-cooperation_en

As solicitudes deben cumprir as disposicións recollidas nas Directrices para os solicitantes-convocatoria de propostas EACEA/31/2014, dispoñibles na seguinte dirección web:

http://eacea.ec.europa.eu/erasmus-plus/funding/eacea312014-civil-society-cooperation_en

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante