Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria Carta de Mobilidade Erasmus + para FP 2015-2020 - APEL ‐ EAC/A03/2014

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

O Programa de Traballo de Erasmus + para 2014 prevé unha Carta de Mobilidade Erasmus + para FP co fin de acreditar aos organismos que posúan un sólido e exitoso historial na organización de mobilidades de alta calidade para estudantes e persoal de FP, dándolles a posibilidade de participar utilizando un procedemento simplificado de solicitude.

Os obxectivos do programa son así, o aumento da calidade da mobilidade dentro da Formación Profesional, así como o apoio á internacionalización das organizacións involucradas na FP, simplificando os procedementos mediante os cales as organizacións de envío solicitan o financiamento, organizan a mobilidade dos estudantes e do persoal e informan sobre as súas actividades.

A internacionalización non é só o fomento da aprendizaxe no estranxeiro mediante a incorporación de actividades de mobilidade nos plans de estudo, senón tamén o desenvolvemento de enfoques internacionais dende a propia organización de envío, por exemplo, mediante a creación de redes con organismos doutros países, promovendo a aprendizaxe de linguas estranxeiras e mirando máis alá dos enfoques nacionais de FP.

Debe terse en conta que a mobilidade de FP no Programa Erasmus + tamén está aberta aos novos organismos e institucións máis pequenas e outras entidades solicitantes que pode que non desexen ser acreditadas mediante a Carta, pero que si lles gustaría participar na mobilidade transnacional de FP. Estas organizacións deben presentar as solicitudes para o financiamento de proxectos de mobilidade na forma habitual a través das convocatorias anuais do Programa Erasmus +.

As organizacións de envío e consorcios que ostenten a Carta serán resaltadas na comunicación relativa á mobilidade Erasmus + de FP, co fin de facer máis visibles ás empresas europeas fontes de alumnos orixinarios dunha organización que se distinga pola súa calidade.

Eidos de actuación

Accións previstas:

Acción clave 1: Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
. Mobilidade das persoas no ámbito da educación, a formación e a xuventude
. Titulacións de máster conxuntas
. Eventos a grande escala do Servizo Voluntario Europeo

Acción clave 2: Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas
. Asociacións estratéxicas no ámbito da educación, a formación e a xuventude
. Alianzas para o coñecemento
. Alianzas para as competencias sectoriais
. Reforzo das capacidades no ámbito da xuventude

Acción clave 3: Apoio á reforma das políticas
. Diálogo estructurado: contactos entre os mozos e os responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude

Destinatarios

Poderán solicitar unha Carta de Mobilidade Erasmus + para FP as organizacións públicas ou privadas involucradas na Formación Profesional, incluíndo os consorcios, sitas nalgún dos seguintes países:

- os Estados membros da Unión Europea,
- os países da AELC/EEE (Islandia, Liechtenstein, Noruega), a Antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía.

O solicitante ou o consorcio ten que ter superado certo número de proxectos de mobilidade Leonardo da Vinci no marco do antigo Programa de aprendizaxe permanente 2007-2013 para poder ser elixible. A táboa cos criterios mínimos de rendemento correspondentes a cada país pódese consultar nas páxinas 7 a 11 da Convocatoria.

Ademais, para ser elixible, os solicitantes deben ser organizacións involucradas no ámbito da formación profesional como institutos ou centros de grao medio ou superior de FP, empresas (tanto públicas como privadas) onde se leve a cabo a formación, incluíndo as prácticas, interlocutores sociais como as Cámaras de Comercio, Asociacións Profesionais e sindicatos, institutos de investigación, fundacións, organizacións sen ánimo de lucro, ONGs e entidades que presten servizos de orientación profesional e asesoramento.

Duración do proxecto

A Carta concédese por toda a duración do Programa (2015-2020). A execución da Carta será obxecto de seguimento e a vulneración de calquera dos seus principios e compromisos poderá dar lugar á súa retirada por parte da Axencia Nacional (OAPEE).

Data de publicación

05/05/2014

Data límite de solicitude

22/09/2014

Documentación

Contacto

A Dirección Xeral responsable é a Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.

Os interesados poderán obter máis información na páxina web da Unión Europea e do OAPEE.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm

http://www.oapee.es/oapee/inicio/novedades/CartaMOV_FP.html

Comentarios

O formulario poderá descargarse dende a páxina web do OAPEE (Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos).

Este formulario debidamente completado debe remitirse, cos documentos adxuntos que se solicitan, antes do día 22 de setembro de 2014, ás 12:00 do mediodía, hora de Bruxelas.

A data de publicación dos resultados da selección será a máis tardar o 01 de decembro 2014.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante