Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria específica de propostas Carta Erasmus de Educación Superior do período 2014-2020 - EACEA/15/2014

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

A Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) constitúe un marco xeral de calidade das actividades de colaboración europea e internacional que todo centro de educación superior poderá levar a cabo no marco do Programa.

Os centros de educación superior sitos nun dos países que se enumeran a continuación deberán contar cunha Carta Erasmus de Educación Superior para solicitar e poder participar na mobilidade persoal vinculada á aprendizaxe e/ou na colaboración en materia de innovación e boas prácticas no marco do Programa.

Os centros de educación superior sitos noutros países non necesitan a Carta Erasmus e o marco de calidade establecerase mediante acordos interinstitucionais entre os centros de educación superior.

Eidos de actuación

Accións previstas:

Acción clave 1: Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

. Mobilidade das persoas no ámbito da educación, a formación e a xuventude
. Titulacións de máster conxuntas
. Eventos a grande escala do Servizo Voluntario Europeo

Acción clave 2: Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas

. Asociacións estratéxicas no ámbito da educación, a formación e a xuventude
. Alianzas para o coñecemento
. Alianzas para as competencias sectoriais
. Reforzo das capacidades no ámbito da xuventude

Acción clave 3: Apoio á reforma das políticas

. Diálogo estruturado: contactos entre os mozos e os responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude

Accións Jean Monnet:

. Cátedras Jean Monnet
. Módulos Jean Monnet
. Centros de excelencia Jean Monnet
. Apoio Jean Monnet a institucións e asociacións
. Redes Jean Monnet
. Proxectos Jean Monnet

Deporte:

. Asociacións en colaboración no ámbito do deporte
. Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro

Destinatarios

Poderán solicitar unha Carta Erasmus de Educación Superior os centros de educación superior sitos nalgún dos seguintes países:

-os Estados membros da Unión Europea,
-os países da AELC/EEE (Islandia, Liechtenstein, Noruega), a Antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía.

As autoridades nacionais designarán entre os solicitantes dos seus territorios respectivos os centros de educación superior que se consideren elixibles para participar na mobilidade persoal vinculada á aprendizaxe e na colaboración en materia de innovación e boas prácticas no marco do Programa.

Duración do proxecto

A Carta concédese por toda a duración do Programa (2014-2020). A execución da Carta será obxecto de seguimento e a vulneración de calquera dos seus principios e compromisos poderá dar lugar á súa retirada por parte da Comisión Europea.

Data de publicación

10/04/2014

Data límite de solicitude

22/05/2014

Documentación

Contacto

Solicitudes:

A Dirección Xeral responsable é a Dirección Xeral de Educación e Cultura.

Os interesados poderán obter máis información na páxina web da Unión Europea e do OAPEE.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm

http://www.oapee.es/oapee/inicio.html

Comentarios

O formulario de solicitude en liña, debidamente cumprimentado, debe presentarse en liña antes das 12:00 horas (hora de Bruxelas) do 22 de maio de 2014.

A data indicativa de publicación dos resultados dos procedementos de selección é o 31 de outubro de 2014.

As candidaturas deberán presentarse conforme ás orientacións proporcionadas pola Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural, que poden obterse na seguinte dirección:

http://eacea.ec.europa.eu/erasmus-plus/funding/erasmus-charter-for-higher-education-2014-2020_en


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante