Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Autoridades Nacionales para a formación de aprendices

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é apoiar a introdución ou modernización de programas de formación de aprendices nos sistemas de EFP inicial. Esta convocatoria constitúe unha das accións de apoio á Alianza Europea para a Formación de Aprendices, e apoia os esforzos en materia de reformas políticas dos Estados membros a este respecto.

Obxectivo específico da convocatoria

Desenvolvemento dunha formación en prácticas de alta calidade e a excelencia na formación no posto de traballo na EFP mediante a constitución de alianzas entre as autoridades nacionais competentes en materia de educación, emprego e asuntos económicos, axentes sociais, organismos mediadores relevantes, proveedores de EFP e outras partes interesadas relevantes.

Eidos de actuación

 Revisións de proxectos de lexislación nacional, estudos de viabilidade, análise de custo-beneficio.
 Plans de acción detallados para o desenvolvemento e execución de reformas relativas á formación de aprendices.
 Avaliacións de programas piloto e deseño de metodoloxías de avaliación.
 Organización ou participación en conferencias, seminarios e grupos de traballo.
 Actividades de formación, incluída unha estratexia para a capacitación de formadores da empresa.
 Campañas de sensibilización, accións de difusión e valorización; actividades que apoien a sustentabilidade do proxecto (promoción ante a poboación obxectivo e posibles socios futuros).
 Intercambio de boas prácticas ou prácticas innovadoras.
 Actividades de investigación.
 Comunidades de prácticas.

Destinatarios

Convocatoria dirixida ás autoridades nacionais responsables dos programas de formación en prácticas incluídos nos sistemas de educación e formación profesional (EFP) inicial que pretendan a súa reforma en calquera dos países que participan no programa Erasmus+.

Non serán admisibles as candidaturas de persoas físicas.

Socios

As solicitudes deberán ser presentadas por un mínimo de dúas entidades de polo menos dous países distintos participantes no programa.
O solicitante principal admisible (coordinador) deberá ser unha autoridade nacional ou unha organización designada pola autoridade nacional con competencias en canto á EFP. Deberá estar situado nun país participante no programa.
Entre os cosolicitantes admisibles poderán atoparse ministerios ou outras partes interesadas, tales como axentes sociais, empresas, cámaras de comercio, provedores de EFP, etc.

Financiamento

Cada subvención oscilará entre os 100 000 e os 300 000 euros.
A subvención da UE limitarase a unha porcentaxe máxima de cofinanciación do 75 % dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

Máximo de 4 millóns de euros.

Duración do proxecto

24 meses.

Non se aceptarán candidaturas de proxectos cuxa duración prevista sexa inferior ou superior á establecida.

Data de publicación

26/03/2014

Data límite de solicitude

26/06/2014

Documentación

Contacto

Axencia Nacional de Erasmus+
Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE)
Gustavo Fernández Balbuena, 13
ES-28002 Madrid
Tel: (+34) 91 550.67.18
Fax: (+34) 91 550.67.50
E-mail: secretaria@oapee.es

Axencia Nacional Española da Mocidade (INJUVE)
C/ José Ortega e Gasset, 71
27 006, Madrid
Tel: (+34) 91 272 78 12
E-mail: juventudenaccion@injuve.es

Axencia Executiva en Bruxelas
Axencia Executiva de la Comisión Europea de Educación, Cultura e Audiovisual (EACEA)
Avenue Bourget 1, B-1040 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
E-mail: EACEA-Erasmus-Mundus@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante