Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERASMUS+ - Programa da Unión Europea para a Educación, a Formación, a Xuventude e o Deporte. 2014 - 2020

Programa

ERASMUS+

Obxectivo xeral

O obxectivo é impulsar o desenvolvemento e as perspectivas de emprego dos cidadáns. Europa debe prover os seus cidadáns de educación, as capacidades e a creatividade que necesitan nunha sociedade do coñecemento. A educación, a formación e a aprendizaxe non formal no ámbito da xuventude son a clave para a creación de emprego e para mellorar a competitividade de Europa.

Eidos de actuación

Accións previstas:

Acción clave 1: Movilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

• Mobilidade das persoas no ámbito da educación, a formación e a xuventude
• Titulacións de master conxuntas.
• Eventos a gran escala do Servizo Voluntario Europeo

Acción clave 2: Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas

• Asociacións estratéxicas no ámbito da educación, a formación e a xuventude
• Alianzas para o coñecemento
• Alianzas para as competencias sectoriais
• Reforzo das capacidades no ámbito da xuventude

Acción clave 3: Apoio á reforma das políticas

• Diálogo estructurado: contactos entre os mozos e os responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude

Accións Jean Monnet:

• Cátedras Jean Monnet
• Módulos Jean Monnet
• Centros de excelencia Jean Monnet
• Apoio Jean Monnet a institucións e asociacións
• Redes Jean Monnet
• Proxectos Jean Monnet

Deporte:
• Asociacións en colaboración no ámbito do deporte
• Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro

Destinatarios

Requisitos:

Participación no Programa aberta a todos os organismos e entidades legalmente establecidos en:
• os 28 Estados membros da UE;
• os países da AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein e Noruega;
• os países candidatos á adhesión da UE;
• a Confederación Helvética.

Algunhas accións do programa Erasmus+ están abertas a organizacións de países asociados.


Criterios de atribución de subvencións

Para acción clave 1, acción clave 3 e deporte:

• pertinencia do proxecto
• calidade do diseño e execución do proxecto
• impacto e difusión


Para acción clave 2, accións Jean Monnet e deporte:

• pertinencia do proxecto
• calidade do diseño e execución do proxecto
• calidade do equipo do proxecto e dos acordos de cooperación
• impacto e difusión

Financiamento

Financiamento comunitario:


O orzamento distribuirase da seguinte forma:
• educación e formación: 1 305,3 millóns de euros
• xuventude: 174,2 millóns de euros
• Jean Monnet: 11,2 millóns de euros
• Deporte: 16,6 millóns de euros

Orzamento total da convocatoria

Orzamento para esta convocatoria: 1 507,3 millóns de euros.

Duración do proxecto

Ano 2014

Data de publicación

19/02/2014

Data límite de solicitude

26/06/2014

Documentación

Contacto

Solicitudes:

A Dirección Xeral responsable é a Dirección Xeral de Educación e Cultura.

A Comisión adoptará programas de traballo anuais.

Os interesados poderán obter máis información na páxina web da Unión Europea e do OAPEE.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm

http://www.oapee.es/oapee/inicio.html

Procuras de Socios

Programa Leonardo de mobilidade para o benestar.

Procura de socios para o proxecto Erasmus+, Knowledge Alliances2

SPEAK EASY. Knowledge Alliances-Sector Skills Alliances - EAC/S11/13.

ERASMUS+, KEY ACTION 2 - SECTOR SKILLS ALLIANCES

Harmonización do Curriculum no ámbito de programas de FP téxtiles de acordo coas necesidades do mercado de traballo


Harmonización do Curriculum no ámbito de programas de FP téxtiles de acordo coas condicións do mercado de traballo

O Centro de Formación Profesional esloveno Bežigrad busca un centro de FP para formar unha ”asociación estratéxica” no sector téxtil (acción clave 2 de Erasmus +). En caso de resultar elixida, reciben unha subvención máxima de 100.000 euros ao ano para os tres socios que compoñan a asociación durante un máximo de tres anos.

Procura de socios do programa ”ERASMUS + acción clave 1 Viaxar ao estranxeiro para unha formación profesional - 2015”

Procura de socios para proxecto de desenvolvemento do perfil profesional SmartCityManager

intercambio de boas prácticas; dentro do apartado “Alianzas para as competencias sectoriais” do programa Erasmus+.

Busca desenvolver o perfil profesional do SmartCityManager con habilidades específicas na xestión e construción de cidades intelixentes; estimulado por un enfoque de ensinanza combinada, baseada no modelo “action & research” e módulos de e-learning que apoiarán a adquisición de habilidades innovadoras.

CLEAN ENERGY IN THE SCHOOL

Búscase estudar a forma de transformar o instituto nunha institución respectuosa co medio ambiente (menor consumo de electricidade e utilización de enerxías limpas). Para iso, preténdese analizar cómo é o instituto e logo presentar unha serie de propostas co obxectivo de transformalo. Trátase de unha iniciativa na que se busca involucrar tanto a mestres como ao alumnado e ao mesmo tempo a pequenas industrias das nosas cidades

Mellora das habilidades dos equipos operacionais responsables do soporte artístico e cultural - Francia

O proxecto baséase no intercambio de experiencias e coñecementos entre os socios facendo fincapé no concepto de emprendemento cultural para apoiar melloras nos proxectos artísticos e culturais.

Intercambio xuvenil Erasmus + - Londres

O intercambio europeo busca unir a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos que veñan de entre 2 e 5 Estados europeos para que experimenten a diversidade do Este de Londres e o impacto do legado olímpico.

O proxecto VECTOR solicita participantes nunha investigación sobre a xestión de destinos turísticos -Govern de les illes Balears

Completar as fases de traballo posteriores no marco do proxecto europeo sobre competencias dos profesionais na xestión de destinos- 01/11/2016

Open Games and Traditional Sports For All (Acronym: G.Ou._F.A.S.T!) - Italia

O proxecto proposto promove os xogos e deportes tradicionais, facendo fincapé no seu nivel de accesibilidade e o seu papel importante á hora de combater a discriminación en Europa. Ademais busca promover o coñecemento dos beneficios dos xogos e deportes tradicionais relacionados ao desenvolvemento físico, mental e como motor no desenvolvemento.

Intercambio Erasmus+ - The Virtual School of Royal Borough of Kensington and Chelsea (Londres)

O obxectivo deste proxecto é prestar apoio ao desenvolvemento persoal dos nenos e mozos ao coidado dos servizos sociais e incrementar a súa confianza e aspiracións, prestándolles oportunidades para coñecer a cultura europea en profundidade. O proxecto permitirá aos mozos de entre 18 e 24 anos viaxar, reunirse e colaborar con outros ex-tutelados ao longo de Europa co obxectivo de promover concienciación e respecto da diversidade.

”HisTOrY: Unha innovadora ferramenta educativa baseada en xoguetes para a Historia” / Chipre

O proxecto pretende introducir unha ferramenta educativa innovadora para a historia baseada en xoguetes e a súa evolución ao longo dos dous últimos séculos. O principal resultado desta proposta é unha ferramenta educativa móbil que se utilizará nas escolas e outros espazos educativos.

Tratemos a educación! Cooperación e innovación educativa para previr a radicalización violenta da mocidade/ Universidade de Tolouse (Francia)

A cuestión do extremismo violento e a radicalización expón un reto non só para a seguridade dos países senón tamén para os valores fundamentais que están no centro da Unión Europea polo que este ámbito debe ser un tema prioritario á hora de desenvolver accións en procura de solucións.

Tratemos a educación! Cooperación e innovación educativa para previr a radicalización violenta da mocidade/ Universidade de Touluse (Francia)

A Universidade de Toulouse 2 Jean Jaures buca socios en practicantes de prioridade que participan en accións das familias acolledoras de Siria ou Iraq, e profesionais que participan na acción cos mozos radicalizados.

Proxecto para a movilidade da formación – ERASMUS + (AK1) - Mayenne, Francia

A escola/colexio Haute Follis está a buscar socios para garantir a mobilidade e a formación profesional dos estudantes en diferentes campos.


Mocidade
para o Medio Ambiente e a Sustentabilidade: participación activa e
accións de sensibilización.


Potenciar
e fomentar a participación dos mozos en cuestións ambientais e de
sustentabilidade. A duración do programa será de 36 meses cun
investimento de 450.000 euros.






Comentarios

Prazos de presentación das solicitudes:


Acción clave 1:

• Mobilidade das persoas no ámbito da educación, a formación e a mocidade (conxuntamente): 17 de marzo de 2014
• Mobilidade das persoas no ámbito da mocidade unicamente: 30 de abril de 2014
• Mobilidade das persoas no ámbito da mocidade unicamente: 1 de outubro de 2014
• Graos de máster conxuntos: 27 de marzo de 2014
• Eventos a gran escala do Servizo Voluntario Europeo: 3 de abril de 2014


Acción clave 2:

• Asociacións estratéxicas no ámbito da educación, a formación e a mocidade (conxuntamente): 30 de abril de 2014
• Asociacións estratéxicas no ámbito da mocidade unicamente: 1 de outubro de 2014
• Alianzas para o coñecemento e alianzas para as competencias sectoriais: 3 de abril de 2014
• Reforzo das capacidades no ámbito da mocidade: 3 de abril de 2014; 2 de setembro de 2014

Acción clave 3:

• Contactos entre os mozos e os responsables da toma de decisións no ámbito da mocidade: 30 de abril de 2014 1 de outubro de 2014

Accións Jean Monnet

• Cátedras, módulos, centros de excelencia, apoio a institucións e asociacións, redes e proxectos: 26 de marzo de 2014

Actividades deportivas

• Asociacións en colaboración no ámbito do deporte: 26 de xuño de 2014
• Acontecementos deportivos europeos sen ánimo de lucro: 14 de marzo de 2014; 26 de xuño de 2014

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante