Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

2ª Convocatoria de Eurostars-2

Programa

EUROSTARS

Obxectivo xeral

Eurostars é un programa que apoia as PYMEs dedicadas ao I+D, que desenvolvan produtos innovadores, procesos e servizos para gañar unha vantaxe competitive. O programa proporciona fondos a proxectos de innovación transnacionais, cuxos produtos son despois rapidamente comercializados.


Eurostars é un programa cofinanciado polos 34 países que o conforman e pola Unión Europea a través do programa Horizonte 2020. Deste xeito, cada país fixa as súas propias condicións para acceder aos fondos.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Financiar proxectos de I+D, próximos ao mercado e de aplicación civil, a realizarse en consorcios de organizacións independentes de polo menos dous países EUROSTARS.


  • Os resultados deberán introducirse no mercado en menos de 2 anos tras a finalización.

Destinatarios

PEMEs, grandes compañías, universidades, organismos de investigación e outros.

Socios

  • O coordinador do consorcio e líder debe ser unha empresa catalogada como ”PEME intensiva en I+D”.


  • Polo menos o 50% do orzamento do proxecto debe estar asociado a ”PEME intensivas en I+D” (subcontratación excluída).Ningún país nin socio superará o 75%.


  • Os solicitantes son entidades legais no seu país e non se encontran en concurso de acredores ou a punto de chegar a esa situación, nin foi condenado por comportamento fraudulento ou irregularidades similares.

Financiamento

No caso de España, será de 60% para PEMEs (tarefas concretas de investigación aplicada poderían chegar ao 80%) e do 40% para grandes empresas (tarefas concretas de investigación aplicada poderían chegar ao 65%). O resto de entidades poden recibir fondos se son subcontratadas por unha compañía participante.

Duración do proxecto

A duración non debe exceder os 3 anos.

Data límite de solicitude

17/09/2015

Documentación

Contacto

En España, o Ministerio de Economía e Competitividade a través do CDTI é responsable da xestión do programa EUROSTARS.



CDTI
C/ Cid 4 -28001, Madrid
Teléfono: (34) 91 581 55 00
Fax: (34) 91 581 55 94

Procuras de Socios

Innovación para a enerxía renovable-Polonia.

Programa destinado a apoiar ás PEMEs que realizan actividades de investigación e desenvolvemento (2014-2020)

Data límite: 15/03/2016.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante