Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Sistema de premios para ideas innovadoras e apoio á incubación Galileo-EGNOS - 233/G/GROW/SAT/16/9288

Programa

GALILEO E EGNOS

Obxectivo xeral

Contribuír aos premios e ao apoio á incubación proporcionados por un mecanismo para a concesión de premios e incubación para aplicacións innovadoras baseadas na tecnoloxía do GNSS da UE (EGNOS e GALILEO), que promoverá a innovación industrial e a incorporación de alta tecnoloxía en toda Europa. O beneficiario ou os beneficiarios desta axuda mobilizarán a outras entidades para que cofinancien premios e apoio á incubación.

Eidos de actuación

- Organización e xestión dunha competición anual para a concesión de premios, en particular publicación de convocatorias de ideas que xeren solicitudes de empresarios, avaliación de ideas por expertos e concesión de premios.
- Apoio á incubación e aceleración de produtos e servizos innovadores para permitir o seu desenvolvemento e posta no mercado.
- Obtención de fondos para complementar a subvención da Comisión.
- Difusión «interna», é dicir, expandir o número de ideas innovadoras presentadas cada ano á competición para a concesión de premios GALILEO.
- Difusión «externa», é dicir, conseguir unha visibilidade adecuada na industria mundial de GNSS para promocionar a competición, aos seus participantes e aos seus gañadores.
- Facer un seguimento dos gañadores e participantes no premio.

Destinatarios

Os candidatos deben ser organizacións privadas ou públicas establecidas nun dos seguintes países:
- Os Estados membros da UE,
- Noruega, Suíza.

Socios

Non consta.

Financiamento

A axuda financeira da Comisión non poderá superar:
- O 70 % dos custos subvencionables para a xestión, cun límite máximo anual de 71.000€;
- O 60 % dos custos subvencionables para premios, cun límite máximo de 10.000€ por premio;
- O 70 % dos custos subvencionables para apoio á incubación e aceleración, cun límite máximo de 43.000€ por incubación e aceleración.

Orzamento total da convocatoria

A dotación total concedida para a cofinanciación dos proxectos ascende a 1.500.000€

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 36 meses. A data prevista para o inicio da acción é decembro de 2016.

Data de publicación

26/07/2016

Data límite de solicitude

19/10/2016

Documentación

Contacto

E-mail: GROW-CFP-SAT-2016-Galileo@ec.europa.eu
Dirección postal: BREY 07/318 B-1049 Brussels, Belgium

Comentarios

O prazo de presentación de solicitudes á Comisión finalizará o 29 de outubro de 2016. O texto completo da convocatoria de propostas e os formularios de solicitude están dispoñibles na seguinte dirección: http://ec.europa.eu/enterprise/funding/index.htm.
As solicitudes deben cumprir os requisitos establecidos no texto íntegro e presentarse mediante o formulario facilitado a tal fin.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante