Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017 do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

As propostas deben abordar polo menos un dos seguintes obxectivos de investigación da RFCS:
Mellora da posición competitiva do carbón da Unión Europea.
Saúde e Seguridade en Minas.
Protección eficiente do medio ambiente e mellora do uso do carbón como fonte de enerxía limpa.
Xestión da dependencia externa da subministración de enerxía.
Novas e melloradas técnicas de fabricación e acabado de aceiro.
RTD e a utilización do aceiro.
Conservación dos recursos e mellora das condicións de traballo.

Eidos de actuación

As solicitudes poden ser presentadas para as seguintes actividades:

-Proxectos de investigación: Os proxectos de investigación destínanse a cubrir investigacións ou traballos experimentais co obxectivo de adquirir coñecementos adicionais para facilitar o logro de obxectivos prácticos específicos como a creación ou desenvolvemento de novos produtos, procesos de produción ou servizos.

-Proxectos piloto e de demostración: Os proxectos piloto e de demostración teñen como obxectivo pechar a brecha entre a investigación e a innovación.

-Medidas de acompañamento: As medidas de acompañamento referiranse á promoción do uso do coñecemento ou a organización de talleres ou conferencias dedicados en relación con proxectos ou prioridades do Programa de Investigación.

Destinatarios

Calquera empresa, organismo público, organización de investigación ou establecemento educativo ou outra entidade xurídica, incluídas as persoas física establecidas no territorio dun Estado membro poderán participar no programa de Investigación e solicitar asistencia financeira, a condición de que pretendan realizar unha actividade de investigación ou pode contribuír substancialmente a unha.
-Calquera empresa, organismo público, organizacións de investigación ou establecementos de ensino ou outras persoas xurídicas, incluídas as persoas naturais de países candidatos teñen dereito a participar sen recibir ningunha contribución do Programa de Investigación, a menos que se dispoña o contrario nos Acordos Europeos pertinentes e os seus Protocolos adicionais, e nas decisións dos distintos Consellos de Asociación.
-Calquera empresa, organismo público, organizacións de investigación ou establecementos de ensino ou outras persoas xurídicas, incluídas as persoas naturais de terceiros países teñen dereito a participar sen recibir ningún tipo de contribución do Programa de Investigación, sempre que dita participación sexa en interese da Unión Europea.

Financiamento

-Proxectos de investigación: Máximo 60%
-Proxectos piloto e de demostración: Máximo 50%
-Medidas de acompañamento: Máximo 100%

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo é de 27 000 000 EUR.

Duración do proxecto

Aínda que non hai unha duración de proxecto específica, a maioría de investigacións, proxectos piloto e de demostración teñen unha duración de 36 ou 42 meses, mentres que as medidas de acompañamento teñen unha duración de 18 ou 24 meses.

Data de publicación

13/06/2017

Data límite de solicitude

15/09/2017

Documentación

Contacto

Para obter información xeral do programa póñase en contacto co noso servizo de asistencia:
rtd-steel-coal@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante