Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Premio á capital europea da innovación

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Ten como obxectivo proporcionar un recoñecemento europeo ás cidades que fan máis por promover a innovación dentro da súas comunidades e así mellorala calidade de vida dos seus cidadáns.

Obxectivo específico da convocatoria

Proporcionar un recoñecemento europeo ás cidades que fan máis por promovela innovación. As cidades solicitantes serán xulgadas sobre as solucións innovadoras os retos sociais relevantes declarados na súa solicitude. En particular, as cidades deberán demostrar como crean as condiciones locais para innovar experimentando conceptos, procesos, ferramentas e modelos de gobernanza innovadores. Comprometer ós cidadáns. Atraer novos talentos, recursos, financiamento e inversións. Establecerse como modelos a seguir para outras cidades.

Eidos de actuación

O premio se outorgarase a cidade que mellor responda os seguintes criterios acumulativos:

-Experimentación: conceptos, procesos, ferramentas e modelos de goberno innovadores que demostren o compromiso da cidade de servir de banco de probas para prácticas innovadoras e asegurala integración destas prácticas no proceso de desenvolvemento urbano.
-Participar: aumentalas oportunidades para unha gama máis ampla de cidadáns e asegurala adopción das súas ideas.
-Ampliar: aproveitar o potencial da cidade para atraer novos talentos, recursos, financiamento, inversións e converterse nun modelo a seguir para outras cidades.
-Impacto concreto e directamente relacionado coa implementación de prácticas innovadoras

Destinatarios

Países da UE ou un país asociado a Horizonte 2020 que teñan máis de 100.000 habitantes.

Socios

Non se precisan socios.

Financiamento

Primeiro premio de 1 000 000 EUR
Segundo premio de 100 000 euros
Terceiro premio de 100 000 euros

Orzamento total da convocatoria

1,20 millóns de euros.

Data de publicación

07/06/2017

Data límite de solicitude

21/06/2017

Contacto

Se ten algunha pregunta, póñase en contacto con:
RTD-I-CAPITAL@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante