Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CONVOCATORIA DE ACORDOS DE ASOCIACIÓN MARCO DE 4 ANOS

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Esta convocatoria apoiará ás redes cuxas actividades contribúan á realización dos obxectivos do Programa.

Obxectivo específico da convocatoria

I. Acordos de apoio ás redes europeas activas no ámbito do racismo, a xenofobia, a homofobia ou outras formas de intolerancia.
II. Acordos de asociación para apoiar redes europeas activas nos ámbitos cubertos polos obxectivos específicos Daphne.
III. Acordos de asociación para apoiar as redes europeas activas no ámbito da non discriminación: aumentar a capacidade destas redes para contribuír activamente ao desenvolvemento e a aplicación das políticas de non discriminación.
IV. Acordos de apoio ás redes europeas activas no ámbito da igualdade entre mulleres e homes.
V. Acordos de apoio ás redes europeas activas nos ámbitos cubertos polo obxectivo específico Dereitos do neno.

Eidos de actuación

A execución de actividades destinadas á análise e seguimento de políticas, actividades de formación e aprendizaxe mutuo, cooperación, sensibilización e difusión de actividades enumeradas no Programa.

Destinatarios

Redes europeas activas nos ámbitos do programa.

Socios

a) O solicitante debe ser unha organización privada sen ánimo de lucro, debidamente establecida nun dos países participantes no Programa;

b) O solicitante ser unha rede formal establecida con personalidade xurídica propia ou representar (como secretaría común ou coordinador oficialmente nomeado) unha rede formal establecida, organizarse a escala europea e contar con organizacións / órganos ou autoridades membros en polo menos 14 países participantes.

c) os obxectivos estatutarios deben ser no ámbito do racismo, a xenofobia, a homofobia ou outras formas de intolerancia.

Financiamento

O financiamento dos programas baséase no principio de cofinanciación, polo que a subvención non pode constituír máis do 80% dos custos de funcionamento subvencionables totais.

Orzamento total da convocatoria

Para máis información, consulte co solicitante.

Data de publicación

17/04/2017

Data límite de solicitude

16/05/2017

Documentación

Contacto

Para obter máis axuda relacionada coa convocatoria, os temas e o contido das propostas, póñase en contacto con:
EC-REC-Calls@ec.europa.eu.

Comentarios

A hora límite para as propostas será 10:00 hora de Bruxelas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante