Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

QUANTERA 2017 – Ciencias e Tecnoloxías de Información e Comunicación Cuántica

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

QuantERA é un consorcio de organizacións nacionais ou rexionais de investigación que financian estudos en Ciencias e Tecnoloxías de información e Comunicación Cuántica. QuantERA está, a súa vez, financiada pola Estratexia de Futuro e Tecnoloxías Emerxentes da Unión Europea (FET). Estas organizacións financeiras apoian en conxunto os proxectos de investigación europeos selecionados no marco de QuantERA, co potencial de iniciar e promover novas liñas de tecnoloxías cuánticas a través de colaboracións na exploración de ciencias multidisciplinares avanzadas e/ou enxeñarías de vangarda.

Eidos de actuación

Os proxectos financiados han de abordar unha ou máis das seguintes áreas:
  1. Comunicación cuántica. Metodoloxías, ferramentas, estratexias para abordar os problemas de distancia, fiabilidade, eficiencia, robustez e seguridade na comunicación cuántica; protocolos innovadores para comunicacións cuánticas multipartidarias; memoria cuántica e conceptos del repetidor cuántico. Novas fontes fotónicas para a información cuántica e a comunicación cuántica, tradución coherente de estados cuánticos entre diferentes sistemas físicos; fotónica cuántica integrada; Comunicación cuántica integrada en sistemas ópticos de telecomunicacións; outros protocolos de comunicación con funcionalidade potenciada por efectos cuánticos.
  2. Simulación cuántica. Plataformas para a simulación cuántica; desenvolvemento dunha nova mediada e control das técnicas e estratexias para a verificación de simulacións cuánticas. Aplicación das simulacións cuánticas para materias consolidadas, química, termodinámica, bioloxía, física da alta enerxía, teorías no eido da cuántica, gravidade cuántica, cosmoloxía e outros campos.
  3. Computación cuántica. Desenvolvemento de dispositivos que recoñezan algoritmos multiqubit; demostración e optimización dos códigos de corrección de errores; interfaces entre ordenadores cuánticos e sistemas de comunicación. Desenvolvemento de algoritmos cuánticos innovadores; demostración de alta velocidade cuántica e novas estruturas para a comunicación cuántica.
  4. Ciencias da información cuántica. Fontes innovadoras de estados e metodoloxías modernas para deseñar tales estados. Desenvolvemento de dispositivos independentes de procesamento de información cuántica. Métodos para a reconstrución e estimación dos estados complexos cuánticos ou canais de certificación das súas propiedades. Desenvolvemento de teorías de recursos para a información cuántica. Estudo de sistemas topolóxicos con propósitos de información cuántica. Entendemento e control de sistemas abertos cuánticos; desenvolvemento de métodos para confinar dinámicas en subespacios controlables e libres de incoherencia. Estudo de procesos termodinámicos a escala cuántica.
  5. Detección de metroloxía cuántica e formación de imaxes. Uso de propiedades cuánticas para estándares de tempo e frecuencia, calibración baseados na luz e na medida, gravimetría, magnetometría, acelerometría e outras aplicacións. Desenvolvemento da detección de estratexias que son optimizadas con respecto á extracción de información relevante de sistemas físicos. Solucións innovadoras para imaxinar e diversificar a cuántica. Implementación de micro- e nano-sensores cuánticos. Extensión do alcance da detección cuántica e metroloxía a outros campos da ciencia.
  6. Ideas e aplicacións innovadoras nas tecnoloxías e ciencias cuánticas. O fenómeno cuántico, como a superposición ou enredo, como medios para lograr funcionalidades novas ou radicalmente melloradas.

Destinatarios

Poden participar nesta convocatoria organizacións de investigación non lucrativas acorde a convocatoria APCIN. Aínda que as empresas non poden obter financiamento a través da convocatoria APCIN, o sector industrial é acollido favorablemente na participación dos consorcios internacionais usando os seus propios fondos.

Socios

O tamaño dos consorcios debe ser mínimo de tres socios que soliciten financiamento ás organizacións de tres países diferentes que participan neste programa. 
O consorcio debe estar equilibrado, estando constituído o 60%, como moito, por socios do mesmo país; e un único socio poderá solicitar como moito até un 40% sobre o montante total solicitado.
O consorcio non poderá ter máis de 6 socios.

Financiamento

Para que as solicitudes entren a trámite han de respectar os seguintes límites fixados polo Ministerio de Economía (MINECO) do Goberno de España. 
O máximo por entidade legal non deberá exceder os 35 mil euros por ano. Se máis dunha entidade legal participa no mesmo proxecto, a parte concedida polo MINECO non poderá exceder os 46 mil euros por ano.
Para os grupos experimentais os límites ascenden a 50 mil euros por ano para cada socio español. No caso de haber máis integrantes españois no grupo a contía poderá ser até 65 mil euros.
Se ademais a proposta está liderada por un socio español, o MINECO engade un aumento de 8 mil euros por ano.
Nota: os centros formados por diferentes entidades legais consideraranse como unha única entidade.

Duración do proxecto

O orzamento total do programa QuantERA é de 34 millóns de euros. Non obstante, a cantidade que o Ministerio de Economía do Goberno de España aporta ao programa é de medio millón de euros.

Data de publicación

13/01/2017

Data límite de solicitude

30/06/2017

Documentación

Contacto

Coordinador del programa:
Mathieu Girerd
+33 1 7854 8213

O punto nacional de contacto
Para temas administrativos e técnicos:
Watse Castelein
+34 9160 38876 - era-ict@mineco.es
Para asuntos científicos:
Dr. Federico J. Mompeán
Representante:
Severino Falcón

Comentarios

O prazo para enviar as pre-solicitudes remata o 15 de marzo de 2017, mais o prazo definitivo para presentar as solicitudes completas remata o 30 de xuño de 2017. Ambos prazos rematan ás 17h (fuso horario Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante