Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Estratexias para mellorar o coñecemento de bioeconomía do público xeral - BB-08-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Comprender mellor as barreiras existentes e aumentar a concienciación informando aos cidadáns e cidadás, así como establecer un diálogo interactivo entre os centros de investigación locais, a Comisión Europea e a cidadanía europea.

Obxectivo específico da convocatoria

No marco da Estratexia Europea de Bioeconomía, esta acción deberá iniciar unha comunicación estruturada e consistente no eido da bioeconomía en todo o rango de plataformas on e offline coa finalidade de impulsar o coñecemento do público xeral. Espéranse os seguintes impactos:

  • Os cidadáns daranse conta da importancia e das posibilidades e impacto que a investigación e a innovación no eido da bioeconomía pode ofrecer.

  • A bioeconomía acadará un posto máis prominente nas axendas a nivel nacional, rexional e local.

Eidos de actuación

As propostas deberán acercar a investigación e a innovación á cidadanía europea para mostrar o potencial impacto económico, medioambiental e social da bioeconomía. Un conxunto de actividades de comunicación en toda Europa a nivel local (por exemplo, en forma de campañas online e eventos públicos) contribuirían a afrontar este desafío. Mostrar exemplos de produtos de bioeconomía, demostrar a relevancia e as posibilidades da bioeconomía no día a día e difundir información en linguaxes locais nas grandes cidades en toda Europa poden considerarse formas de achegar a bioeconomía a unha audiencia maior (por exemplo ás xeracións máis novas).

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Non se precisan.

Financiamento

Ata o 100%.

Orzamento total da convocatoria

2.4 millóns de euros.

Data de publicación

04/10/2016

Data límite de solicitude

14/02/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante