Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Estratexias e ferramentas para unha produción forestal resistente aos cambios climáticos e as desordenes ambientais.

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral é a contribución dunha economía baseada no coñecemento e a innovación en toda a UE, e este obxectivo perséguese a través de tres prioridades, liderado industrial, ciencia excelente, e retos sociais.

Obxectivo específico da convocatoria

O desenvolvemento de novas estratexias e ferramentas para a mellora dos arboles con rendementos sustentables.


Eidos de actuación

Esta convocatoria está dirixida á creación e a mellora de masas forestais para a loita contra o cambio climático e as desavinzas ambientais, a través do apoio técnico directo aos administradores forestais para a aumentar a tolerancia aos cambios, e satisfacer as demandas da sociedade en materia de bens e servizos forestais.


Destinatarios

Todas as entidades legais, persoas natrales ou legais, incluíndo organizacións internacionais, ou grupos de entidades independentemente do lugar no que están establecidas.

Socios

Polo menos tres entidades legais establecidas en diferentes estados da Unión Europea, ou en estados asociados a Horizonte 2020. Estas entidades deben de ser independentes unas doutras.

Orzamento total da convocatoria

Ata 6 millóns de euros

Duración do proxecto

Hai dous proxectos, o primeiro dunha soa etapa que durará un máximo de 8 meses desde a data limite de presentación de solicitudes para a firma dos acordos de subvencións.


O proxecto de dúas etapas, tamén terá un prazo para a firma dos acordos de subvencións de 8 meses.


Data límite de solicitude

13 de Setembro de 2017


Data de publicación

14/10/2016

Data límite de solicitude

13/09/2017

Documentación

Comentarios

Existen dúas datas límite de presentación de solicitudes, dependendo do proxecto. No proxecto dunha soa etapa a data limite é o 14 de febreiro de 2017, ás 17:00.


A segunda data limite no proxecto de dúas etapas, será 13 de Setembro de 2017.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante