Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Promover a co-innovación para tecnoloxías futuras de detección e escáner - INFRAINNOV-01-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Establecer unha iniciativa aberta orientada a un marco de investigación innovadora e de innovación colaborativa que comprometa tanto ás comunidades de investigadores e investigadoras en Europa a través das Infraestruturas de Investigación (Research Infraestructures) e da industria (incluíndo ás PEMEs), para o mutuo beneficio destas e da sociedade europea en conxunto.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Identificar un amplo espectro de oportunidades de tecnoloxía con potencial de abrirse paso por toda Europa; valorar a viabilidade e a escalabilidade das oportunidades identificadas; seleccionar e agrupar estas oportunidades con claro potencial de execución industrial; impulsar esas oportunidades cara as súas aplicacións industriais con valor social.

  • Apoiar a transferencia de tecnoloxía e innovación e as medidas conxuntas de desenvolvemento de compoñentes de alta tecnoloxía.

  • Garantir as mellores condicións para a completa explotación por parte dos socios industriais do potencial innovador las Infraestruturas de Investigación.

Eidos de actuación

  • Establecer unha plataforma de co-innovación no eido das tecnoloxías de detección e escáner.

  • Ofrecer apoio financeiro e asesoramento para a aplicabilidade industrial das oportunidades de co-innovación identificadas.

  • Aumentar a capacidade para xerar, absorber e usar novas tecnoloxías en Europa.

  • Mellorar a capacidade de innovación das Infraestruturas de Investigación Europeas.

  • Aumentar o compromiso da industria (incluíndo as PEMEs) no desenvolvemento de infraestruturas de investigación, aumentando o nivel tecnolóxicos e a competitividade das empresas europeas e xerando oportunidades de mercado para elas.

  • Aumentar a concienciación da industria (incluíndo as PEMEs) no que respecta ás oportunidades ofrecidas polas infraestruturas de investigación para mellorar os seus produtos, como é o caso de instalacións para experimentos, hubs de innovación, centros de coñecemento...

  • Apoiar a integración das infraestruturas de investigación en sistemas de innovación locais, rexionais e globais.

  • Cando sexa aplicable, mellorarase o impacto socioeconómico de pasadas inversións en infraestruturas de investigación por parte dos Fondos Estruturais e de Investimento.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Polo menos tres entidades legais, independentes unhas doutras, de tres Estados diferentes.

Financiamento

Ata o 100%.

Orzamento total da convocatoria

20 millóns de euros.

Data de publicación

08/12/2016

Data límite de solicitude

29/03/2017

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante