Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Cara 2030: políticas e ferramentas de apoio á toma de decisións para un enfoque integrado da xestión da terra como recurso - RUR-03-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Garantir unha xestión sustentable dos recursos da terra a longo prazo.

Obxectivo específico da convocatoria

Espérase que as accións:

  • Melloren o coñecemento da dispoñibilidade dos recursos da terra e este sexa empregado a distintas escalas xeográficas.

  • Melloren as ferramentas de apoio á toma de decisións para a xestión da terra como recurso.

  • Mellore a resiliencia climática da agricultura e da silvicultura.

  • Ofreza a base para un marco político coherente e integrado para a xestión dos recursos da terra a nivel rexional, nacional e comunitario.

Eidos de actuación

As actividades terán lugar en varias escalas xeográficas, reflectindo distintos niveis de relevancia da política e da práctica, desde o nivel rexional ao nivel comunitario. As investigacións relacionadas coa política ou coas ferramentas de apoio deberán ser completamente participativas para garantir o compromiso de toda a sociedade.
As investigacións respecto das políticas terán en conta tódalas necesidades sociais principais, tanto actuais como esperadas, no que respecta aos recursos da terra e o seu uso en termos de produtos, servizos do ecosistema e outro tipo de bens, servizos e funcións. As ferramentas de apoio e os modelos axudarán a priorizar múltiples usos da terra a distintas escalas, beneficiándose dos datos e das ferramentas existentes cando sexa posible sobre a base das capacidades modernas.
As actividades incluirán fundamentalmente uso da terra agrícola e forestal e extenderanse ás interaccións que as últimas poidan ter con outros usos da terra.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Polo menos tres entidades legais, independentes unhas doutras, de tres Estados diferentes.

Financiamento

Ata o 100% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

7 millóns de euros.

Data de publicación

04/10/2016

Data límite de solicitude

13/09/2017

Documentación

Comentarios

Establécense dúas datas límite: a primeira o 14 de febreiro de 2017.
A segunda, o 13 de setembro de 2017 ás 17.00 h (Bruxelas).


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante