Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Construír un sistema educativo e científico axeitado para a práctica - RUR-13-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Ademais de garantir o envío de datos revisados derivados da investigación orientada á práctica, tamén establécese como obxectivo contribuír a un sistema agrario de innovación e coñecemento eficiente e interactivo (AKIS polas súas siglas en inglés: “agricultural knowledge and innovation system”).

Obxectivo específico da convocatoria

Mellorar o rendemento dos sistemas científicos e educativos e os seus beneficios para os sectores agrícola e forestal e as industrias relacionadas. Espéranse os seguintes impactos:

  • Un inventario compartido das habilidades necesarias para a transición a unha agricultura máis competitiva e sustentable e cadeas de valor relacionadas, de xeito que sirva de base para unha cooperación continuada a longo prazo entre entidades educativas europeas, coa finalidade de intensificar os intercambios e as actualizacións regulares do inventario.

  • Habilidades técnicas e sociais melloradas para os granxeiros, gardas forestais, asesores, empregados industriais e científicos, que poidan traducirse nunha mellor xestión das granxas, un aumento da competitividade, resiliencia e sustentabilidade aos cambios medio ambientais, climáticos e de mercado, unha maior concienciación das lagoas nas capacidades de investigación, etc.

  • Aumentar a eficiencia dos sistemas agrícolas de innovación e coñecemento na UE grazas a mellores vínculos entre educación, ciencia e actores económicos; mellorar a capacidade dos actores para interactuar entre eles; contribuír a un cambio institucional cara un maior recoñecemento e recompensa da investigación orientada á práctica.

  • Mellorar a calidade e a utilidade dos resultados da investigación para que poidan ser empregados directamente polos granxeiros, gardas forestais ou negocios da cadea de valor, grazas a un sistema de revisión que leve a unha mellor execución dos resultados da investigación por parte dos usuarios finais e a un sector agrícola innovador. Tamén que se logren recomendacións para mellorar as políticas de educación, agricultura, investigación e innovación a nivel europeo, nacional e local.

Eidos de actuación

As propostas deberán implicar a produción dun inventario de habilidades ambicioso e previsor que será necesario na agricultura, silvicultura e na cadea de valor, cubrindo principalmente aos produtores, asesores, industria, negocios e científicos. As propostas deberán analizar como a ciencia, a educación e os sistemas de formación modernos nun amplo rango de Estados membros (e, no seu caso, terceiros Estados) atenden esas necesidades, coa finalidade de elaborar follas de ruta para a mellora dos curricula, métodos de ensinanza e da interacción a longo prazo entre a educación, a ciencia e os actores.
Deberase prestar especial atención ás habilidades sociais (emprendedoras, de intermediación, de comunicación...) dos granxeiros, asesores e investigadores, así como das habilidades técnicas relativas a novas prácticas ou procesos e requirimentos de sustentabilidade nos eidos científicos máis importantes de cara ao futuro.
As necesidades deberán diferenciarse tendo en conta a variedade de sistemas agrícolas, tendencias actuais nos cambios estruturais, modelos de negocio emerxentes e condicións xeográficas.
Finalmente, as propostas deberán analizar como a educación e os sistemas de formación poden mellorar, en particular atraendo máis granxeiros e outros actores para que se comprometan nunha formación continuada e garantindo que eses sistemas continúan sendo axeitados e están permanentemente actualizados.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Polo menos tres entidades legais, independentes unhas doutras, de tres Estados diferentes.

Financiamento

Ata o 100% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

7 millóns de euros.

Data de publicación

04/10/2016

Data límite de solicitude

13/09/2017

Documentación

Comentarios

Establécense dúas datas límite: a primeira o 14 de febreiro de 2017.
A segunda, o 13 de setembro de 2017 ás 17.00 h (Bruxelas).


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante