Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Optimizar as estratexias dos proxectos de innovación interactivos e a remisión das políticas comunitarias para axilizar a innovación en áreas rurais -RUR-16-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo xeral

Contribuír á innovación na agricultura e na silvicultura.

Obxectivo específico da convocatoria

Espérase que as accións:

  • Ofrezan unha descrición dos mecanismos de apoio e de gobernanza para unha xestión máis eficiente dos proxectos de innovación interactivos, incluíndo follas de ruta para unha mellorada interacción con actores e redes rurais e sectoriais existentes a nivel local, rexional, nacional e comunitario, así como co Farm Advisory Systema da PAC.

  • Desenvolvan boas prácticas para construír e executar propostas de proxectos multi-actor e en consorcios baixo as directrices de Horizonte 2020, incluíndo redes temáticas que compilen coñecementos e prácticas.

  • Desenvolvan un conxunto de bos exemplos de varios tipos de proxectos de investigación multi-actor e redes temáticas que compilen coñecemento práctico e conecten con éxito con Grupos Operativos.

  • Logren unha medición mellor, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo, dos esforzos científicos que teñen impacto nas prácticas e sistemas agrícolas.

  • Ofrezan suxestións respecto dos mecanismos públicos de gobernanza política, dos acordos contractuais e dos instrumentos de financiamento adecuados para que os proxectos sexan efectivos, mellorando a investigación orientada á innovación e os servizos de asesoría que leven a unha agricultura máis competitiva, sustentable e intelixente.

    Eidos de actuación

    As propostas deberán explorar cómo os instrumentos e enfoques dentro das políticas poden reaxustarse e como contribúen á innovación no sector agrícola e forestal. Aprendendo da experiencia a nivel internacional, deberán tamén investigar o deseño e a execución dos proxectos de innovación interactivos sobre a base dun número substancial de casos de estudo nun rango amplo de sectores agrícolas e forestais.
    Unha parte esencial dos proxectos deberá ser desenvolver boas prácticas e estratexias detalladas para os proxectos H2020 e as redes temáticas.
    As actividades propostas deberán investigar cómo a cocreación e a copropiedade dos resultados dos proxectos pode mellorarse e cuantificarse para axilizar o seu uso na práctica. Tamén deberán examinar cómo instaurar un consorcio (tanto a nivel práctico como a nivel legal) con diversos tipos de actores, tendo en conta os status dos diferentes tipos de organizacións coas que traballen. Deberanse explorar camiños para involucrar aos actores da educación secundaria e terciaria nos proxectos de H2020.

    Destinatarios

    • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

    • Organizacións internacionais de interese europeo.

    • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

      Socios

      Polo menos tres entidades legais, independentes unhas doutras, de tres Estados diferentes.

      Financiamento

      Ata o 100% dos custos elixibles.

      Orzamento total da convocatoria

      5 millóns de euros.

      Data de publicación

      04/10/2016

      Data límite de solicitude

      13/09/2017

      Documentación

      Comentarios

      Establécense dúas datas límite: a primeira o 14 de febreiro de 2017.
      A segunda, o 13 de setembro de 2017 ás 17.00 h (Bruxelas).


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante