Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Interaccións costa-rural: mellorando as sinerxías entre terra e actividades mariñas - RUR-02-2017

Programa

HORIZONTE 2020

Obxectivo específico da convocatoria

Contribuír á mellora a longo prazo da calidade da auga combinada coa creación de valor engadido e emprego nas áreas costeiras e no interior a través de:
O desenvolvemento dun set de ferramentas transferibles e indicadores que permitan unha descrición cuantitativa e cualitativa dunha ampla variedade de interaccións económicas, medio ambientais e sociais entre a terra e o mar, mellorando desde modo a comprensión desas interaccións e servindo para acadar un proceso de policy making máis baseado nas probas a nivel local e rexional.
A comprensión completa dos factores (obstáculos e motivacións) que influencian o comportamento e as solucións para garantir accións conxuntas.
Un aumento do potencial para a creación de emprego e valor engadido nas áreas costeiras grazas á identificación de novas oportunidades de negocio procedentes dunha cooperación máis estreita entre os operadores económicos mariños e terrestres.
A redución das externalidades negativas das actividades terrestres nas rexións de interior e das actividades mariñas na costa grazas a unha maior cooperación económica e una gobernanza integrada.

Eidos de actuación

Combinando a investigación medio ambiental, agrícola e socioeconómica, as propostas deberán identificar e analizar as interaccións entre a terra (costa e interior) e o mar, identificar os variados compoñentes das economías locais nesa interrelación entre terra e mar e analizar a súa importancia respectiva, así como o desenvolvemento das tendencias a curto, medio e longo prazo tendo en conta as predicións de mercado, demográficas, medio ambientais e climáticas.
A análise deberá ofrecer un inventario das externalidades positivas e negativas das diferentes actividades, incluíndo o efecto que teñen unhas noutras, e considerar as solucións existentes para mitigar as negativas e impulsar as positivas.
Tamén deberá sinalar as potenciais interaccións intersectoriais e a innovación que puidera emerxer dunha maior cooperación entre organizacións e/ou negocios mariños e terrestres.
A análise deberá cubrir un conxunto representativo de áreas costeiras e rexións en toda Europa, variando de acordo co seu tamaño e condicións xeográficas, medio ambientais, socioeconómicas, institucionais e administrativas.

Destinatarios

  • Entidades legais establecidas nalgún dos países participantes do Programa Horizonte 2020 (Estados Membros da UE e os seus departamentos de ultramar, países de ultramar vinculados aos Estados Membros, e tódolos países relacionados no Programa de Traballo).

  • Organizacións internacionais de interese europeo.

  • Outras entidades legais e organizacións internacionais, sempre e cando o seu financiamento estea previsto nun acordo bilateral científico o tecnolóxico (ou outro tipo de acordo coa UE) ou cando a Comisión Europea considere que a participación desa entidade ou organización é fundamental para levar a cabo a acción.

Socios

Polo menos tres entidades legais, independientes unhas doutras, de tres Estados diferentes.

Financiamento

Ata o 100% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

5 millóns de euros.

Data de publicación

04/10/2016

Data límite de solicitude

13/09/2017

Documentación

Comentarios

Establécense dúas datas límite: a primeira o 14 de febreiro de 2017.
A segunda, o 13 de setembro de 2017 ás 17.00 h (Bruxelas).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante